Os republicanos de 'La Nueve' liberan París

O triunfo de Franco obriga a exiliarse a moitos militares republicanos españois. Enrolados na Lexión Estranxeira,  uníronse ao movemento Francia Libre e, dentro dela, á División Leclrerc blindada que se forma en 1943 no Chad. Aspiraban a seguir loitando contra o fascismo baixo mando francés. Esta división, coñecida como La Nueve, estaba integrada por 150 republicanos, socialistas, anarquistas, del POUM catalán e algúns comunistas. Tiñan o soño de que ao rematar a guerra podían ser o cerne dun exército para enfrontarse ao franquismo español.

Estaba integrada por 150 republicanos, socialistas, anarquistas, del POUM catalán e algúns comunistas. Tiñan o soño de que ao rematar a guerra podían ser o cerne dun exército para enfrontarse ao franquismo español

Trasládanse de Marrocos a Gran Bretaña. En xuño do 1944 ten lugar o desembarco de Normandía. O 4 de agosto a División Lecrerc, con la Nueve, desembarcan na praia da Madelaine e encádranse no III Exército estadounidense liderado polo xeneral Patton. Foron avanzando e participando en diversos ataques, deixando sorprendidos os Aliados polo seu comportamento e habilidade militar cando capturan a 129 prisioneiros alemáns.

París clama pola súa liberación. Eisenhawer prefire atacar masivamente as tropas xermanas do norte da capital. Pero o momento é conflitivo. Está para chegar unha unidade das SS para cumprir ordes de Hitler: Destruír os edificios públicos, as pontes de la Seine e as redes de auga.                    A resistencia francesa, dirixida polo comunista Henri Roi-Tanguy, o 18 de agosto declara a Folga xeral, levanta barricadas e requisa os automóbiles para blindar París.

O xeneral De Gaulle di que non se debe esperar máis e apela á Francia Libre. Así é como La Nueve, ao mando de Joseph Putz, un voluntario das Brigadas Internacionais na guerra civil española, entran pola Porte d’Italie, ás 20 h. e chegan ao 1º Concello de París ás 21 h,22 m. do 24 de agosto de 1944. Así foi como os republicanos españois liberaron a París dos nazis.

Anne Hidalgo vai conseguir que os reis de España presenten os seus respectos a militares da República española. Un feito inusitado que ás persoas que aspiramos a vivir nunha república, e non nun sistema atávico como é unha monarquía, nos alegra

La Nueve desfilará vitoriosa polos Campos Eliseos co xeneral de Gaulle, cos seus tanques chamados, Don Quixote, Teruel, España cañí, Guernica, Teruel..., que levan orgullosamente pintada a bandeira republicana, así mesmo bordada nas súas guerreiras militares.

Na actualidade, a alcaldesa de París, Anne Hidalgo, neta de republicano español, conseguiu que o Concello renda homenaxe aos liberadores da cidade. Este mércores 25 de marzo vaise inaugurar Le Jardin des Combattants de la Nueve, 1.394 m2, coa asistencia do rei Felipe VI e a raíña Letizia. Anne Hidalgo vai conseguir que os reis de España presenten os seus respectos a militares da República española. Un feito inusitado que ás persoas que aspiramos a vivir nunha república, e non nun sistema atávico como é unha monarquía, nos alegra.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.