A primavera comez no inverno

Nacín en febreiro, pero non é ese o único motivo de que sexa un mes especial para min. Éo por varias razóns: medran os días, ábrese a luz, as camelias que locen nas rúas de Vigo, tan fermosas como efémeras, e as magnolias, enormes árbores, coas súas flores de cor fucsia, anunciando a primavera.

Descubro que Rosa Luxemburgo, gran experta en botánica e zooloxía, e amante da natureza, opinaba o mesmo. Sen agardar o calendario é no inverno cando comeza a primavera

Unha eclosión que soe coincidir coa Candelaria, unha festa que se celebra na parroquia de Castrelos, nunha das igrexas románicas dos arredores da cidade, onde aínda se enxergan pinturas nas súas paredes. Merece a pena coller sitio na capela para contemplar a cerimonia ao remate da misa maior. Nela se mesturan os ritos ancestrais cos católicos. É a festa da candela, da luz, e no rito católico a anunciación, un acontecemento que ten relación con dar a coñecer, presentar, saír á luz o fillo da Virxe. Por iso soltan pombas dentro da igrexa e ofrécenlle un pastel á Virxe, nun ritual  acompañado por unha preciosa marcha de cerimonia tocada polos gaiteiros, unha marcha que conviña conservar.

Descubro que Rosa Luxemburgo, gran experta en botánica e zooloxía, e amante da natureza, opinaba o mesmo. Sen agardar o calendario é no inverno cando comeza a primavera. A terra está próxima ao sol… Aínda que haxa neve, as plantas, os animais espertan como cunha variña máxica.

As producións científicas e literarias máis notables veñen en xaneiro ou febreiro. O solsticio de inverno é crítico. As flores invernais pasan frío. Necesitan tenro coidado. Lembro estas palabras da Rosa Vermella cando vexo nas rúas unha alfombra circular de tenras camelias caídas das árbores.

As producións científicas e literarias máis notables veñen en xaneiro ou febreiro. O solsticio de inverno é crítico

As coincidencias entre as persoas transcenden os tempos. Non hai pensamento xudeu, nin ario, nin galego. Por moito que os relativistas se apeguen ao seu espazo e costumes fundamentais, existe unha universalización de criterios e opinións. E mira por onde, coincido coa apaixonada socialista en comezar a primavera en inverno.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.