Máis coidados, máis emprego: desmentindo a hipótese do amor

O cariño de nosas nais é parte dunha clase traballadora que non está visibilizada: as mulleres. Elas sosteñen un estado de benestar que confía os coidados á hipótese do amor.

Hoxe, máis que nunca, precisamos xerar emprego e apostar polos coidados. Pode ser a forma de facer gañar ás mulleres en dereitos laborais e falsar a hipótese do amor

Traballo hai, o que acontece é que non está visibilizado. Hoxe, máis que nunca, precisamos xerar emprego e apostar polos coidados. Pode ser a forma de facer gañar ás mulleres en dereitos laborais e falsar a hipótese do amor. O coidado non é por amor, non é natural, é necesario e é un dereito, pero tamén un traballo e, polo tanto, debe ser considerado como tal. O Estado Español ten moito que mellorar neste campo: fronte ao 3,7% sueco, por exemplo, o noso gasto en coidados non chega ao 0,6% do PIB. Esta miseria levou a que máis do 60% das persoas discapacitadas dependan das ridículas axudas para coidadorxs non profesionais, que case rozan xa os 200.000 (máis dun 80% delxs, mulleres). Isto debería ser unha medida excepcional dentro dun sistema de coidados público que garantise a cobertura do 100% das necesidades dunha persoa dependente. É perfectamente lexítimo que os familiares decidan, pero non porque aquelas persoas que o rodean e que o queren decidan investir o seu tempo en coidar a un ser querido, senón porque todxs temos dereito a elixir se queremos proporcionar coidados e todxs temos dereito a unha vida autónoma, incluso se as nosas capacidades cambian e necesitamos axuda.

A maternidade é unha elección, non unha imposición, e tampouco pode converterse nunha imposibilidade. Non é lícito obrigar a unha muller a decidir entre o traballo produtivo e o reprodutivo

Nesta mesma situación encontrámonos ante a maternidade. A maternidade é unha elección, non unha imposición, e tampouco pode converterse nunha imposibilidade. Non é lícito obrigar a unha muller a decidir entre o traballo produtivo e o reprodutivo, e non é lícito tampouco considerar que o amor é contrario á escolarización aos 0 anos ou a equiparar os permisos de maternidade e paternidade. Non é o amor, senón unhas condicións de vida dignas as que posibilitan tomar unha decisión sobre a maternidade.

Esta miseria afecta do mesmo modo á maternidade, que non debe ser unha imposición nin unha imposibilidade, senón necesariamente unha elección. Para isto, o dereito a decidir e á reprodución asistida deben ser reais. Ademais, de novo, a hipótese do amor debe ser tombada. As mulleres non teñen por que elixir entre o traballo produtivo e reprodutivo. Non é unha cuestión de amor. Non é peor nai a que reivindica a escolarización aos 0 anos, a equiparación de permisos de paternidade e maternidade e que non sexa unha imposición pola feminización da precariedade laboral ou a naturalización feminina dos coidados.

Os xeonllos de nosas avoas e a paciencia de nosas nai sostiveron ata agora o deficiente sistema de coidados, impedindo isto a participación de moitas mulleres no mercado laboral, feminizando a precariedade, aumentando a brecha salarial

Os xeonllos de nosas avoas e a paciencia de nosas nai sostiveron ata agora o deficiente sistema de coidados, impedindo isto a participación de moitas mulleres no mercado laboral, feminizando a precariedade, aumentando a brecha salarial. Esta situación só é xeradora de desigualdade e miseria.

Crear emprego digno reorganizando o sistema de coidados é unha proposta gañadora para todxs. Gustaríame moito poder dicir que vivo nun país en que miña avoa gasta a pensión nela, en que darlle amor é escoitar todo o que aínda ten por dicir e en que os seus coidados están garantidos. Algo falla, pode ser que o amor estea ben repartido, pero desde logo non o está todo o demais.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.