O fracasado piloto de avión

Morreu en Madrid un querido amigo, Manuel Roca, afastado de Galiza e do seu Lugo, onde nacera no ano 1928. Falece un home fóra do común, ben parecido e louzán de aspecto, de acordo coa súa xentileza e gallardía humana. Unha persoa excelente que só pode deixar recoñecemento e cariño da xente que o tratou e coñeceu, maiormente a súa esposa e unha filla que, nunha altura do seu matrimonio, deciden adoptar. Cóntame a filla, agora xa muller e nai, que o iren recoller un bebé, irmán seu, ela, de 4 anos, seduciunos coa graza, simpatía e beleza. Desde ese momento foi a nena dos seus ollos, e lle deu todo o amor e a dedicación. “Non só fun elixida, senón que eu tamén os elixín, di fachendosa e orgullosa do pai e nai”. 

Morreu en Madrid un querido amigo, Manuel Roca, afastado de Galiza e do seu Lugo, onde nacera no ano 1928. Falece un home fóra do común, ben parecido e louzán de aspecto, de acordo coa súa xentileza e gallardía humana

Manuel Roca, imposibilitado para exercer a avogacía, ou gañar a vida en calquera outro oficio no que tivese que cobrar os clientes sen recursos, entrou substituíndo o seu irmán nas oficinas de Tráfico, onde traballou até a xubilación.

Seica soñara con ser piloto de avión. Necesitaba voar, elevarse sobre a monotonía da vida provinciana, fuxir do rol adecuado como fillo de familia, despegarse da condición de avogado, de ser humano común. Foi o máximo a que aspirou no seu afán de liberdade. Porque diso se trataba. Ser piloto de avión era voar dentro dunha orde, ser ceibe sen rachaduras.

Serviuse da imaxinación e da fantasía para darlle vida á súa mente creativa, e voar sen romper as ligaduras dunha educación comme il faut, dunha familia de avoengo, prestixio e boa situación económica, unha familia liberal, si, pero católica, da que el non foi a ovella negra porque a súa crianza e cortesía non daba para iso, pero si díscolo abondo para non faltarse a si mesmo, aos principios e ideais de seu.

Seica soñara con ser piloto de avión. Foi o máximo a que aspirou no seu afán de liberdade. Porque diso se trataba. Ser piloto de avión era voar dentro dunha orde, ser ceibe sen rachaduras

Formou parte do movemento intelectual de esquerda nos anos de transición ou asinou un escrito pola Amnistía dos presos políticos, en vida do ditador, xesto que lle custou o posto da xefatura provincial de Tráfico que tiña en Lugo

Así, formou parte do movemento intelectual de esquerda nos anos de transición ou asinou un escrito pola Amnistía dos presos políticos, en vida do ditador, xesto que lle custou o posto da xefatura provincial de Tráfico que tiña en Lugo, posto recuperado na Dirección Xeral de Tráfico de Madrid  cando Felipe Gonzalez preside o goberno.  

Pouco o vin nos últimos anos. O amor conseguiu desnortalo máis que o avión, e vivía fóra de Lugo e da familia. Ben certo é que a amizade e a valoración persoal permanece na nosa memoria cando se trata dun ser tan entrañable e querido como Manuel Roca que coñecín no ano 1963 e con quen percorrín as terras lucenses e pasei momentos inesquecibles. Cos anos, as nosas lembranzas vanos deixando  como un queixo de Gruyere.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.