0 Gardados para despois

Xoán Antón Pérez-Lema

Gallardonazo contra a xustiza

Todos sabemos que Ruiz–Gallardón está a facer méritos diante do PP para se homologar co radicalismo de dereita que hoxe en día constitúe tendencia no partido de goberno. E velaí o anteproxecto de lei de revisión de taxas xudiciais que aprobou o Goberno do Estado o 30 de marzo. Todos os cidadáns  pagaremos unhas elevadas taxas por preito, agás na xurisdición penal e na primeira instancia laboral (é dicir, os traballadores pagarán para poder recorrer en suplicación as sentenzas dos Xulgados do Social). Só zafarán os beneficiarios da xustiza gratuíta, é dicir, as familias que ingresen menos de 14.900 €/ano.

Gallardón mentiulles aos representantes da avogacía española, ao lles prometer que non habería taxas na primeira instancia. E continuou co seu plan de repagamento amosando o xorne deste Goberno

Gallardón mentiulle aos representantes da avogacía española, ao lles prometer que non habería taxas na primeira instancia. E continuou co seu plan de repagamento (a xustiza, como a sanidade, financiámola vía impostos) amosando o xorne deste Goberno, que confunde a maioría absoluta co cheque en branco para vulnerar os dereitos das persoas. O dereito á educación, a saúde e, agora, o dereito fundamental á tutela xudicial efectiva.

Velaí a altura moral coa que o Consello da Avogacía Galega defendeu o dereito dos cidadáns ao acceso á xustiza en condicións de igualdade, que é a primeira obriga que temos os avogados 

Serán as Administracións Públicas, as organizacións máis abastadas e as persoas máis ricas as que se beneficien deste gallardonazo, que condena ás maiorías sociais a unha xustiza cara e desigual. Unha xustiza para ricos que coadxuvará, cos recortes sociais, educativos e sanitarios, a impór un modelo baseado na  desigualdade e na exclusión social. Velaí a altura moral coa que o Consello da Avogacía Galega (presidido por Antonio Platas) e decanos como Evaristo Nogueira defenderon o dereito dos cidadáns ao acceso á xustiza en condicións de igualdade, que é a primeira obriga que temos os avogados.


A arrincadeira

Os últimos días trouxeron dúas boas novas para a autoestima dos galegos. Antón Reixa gañou as eleccións ao SGAE cun programa para abrir as xanelas da institución e achegala á realidade plural territorial despois do nepotismo de Teddy Bautista. E o sector audiovisual galego, canda o acto de entrega dos premios Mestre Mateo, coincidiu na común diagnose da gravísima situación do sector e a apelación a prol do futuro dunha actividade estratéxica para a nosa economía e cultura, da que viven 3000 traballadores e que ten de seguir a crear contidos que nos representen e sexan exportábeis. Mágoa que o Conselleiro Vázquez, presente no acto, nin perciba nin queira percibir.

Acerca de Xoán Antón Pérez-Lema