0 Gardados para despois

Fernando Rei Maio

2016. Ano de conmemoracións

Non sei se o 2016 será un ano de “nieves”, o que si resulta evidente é que vai ser, desde o punto de vista literario, un excelente ano de “bienes”. Os amantes das letras teremos a oportunidade de contemplar a conxunción de catro astros literarios. Nada máis e nada menos que van alienarse neste ano: Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Manuel María e Camilo José Cela. Os dous primeiros por celebrarnos os 400 anos dos seus pasamentos, Manuel María pola acertada decisión de concederlle o día das Letras Galegas, e o último por cumprirse o centenario do seu nacemento.

Non debemos esquecernos que a nivel literario-Galego outros persoeiros tamén van gozar -iso agardamos- dalgunha mención. Por suposto que o centenario do voceiro A Nosa Terra

Máis non debemos esquecernos que a nivel literario-Galego outros persoeiros tamén van gozar -iso agardamos- dalgunha mención. Por suposto que o centenario do voceiro A Nosa Terra, voceiro nado baixo a tutela da organización Galeguista As Irmandades da Fala -que tamén foi creada naquel 1916-, van ter asegurada esta lembranza e os seus merecidos actos conmemorativos. Non sei se correrán coa mesma e merecida sorte estes outros escritores e escritoras galegos: Miguel González Garcés, Raimundo García Domínguez -coñecido como Borobó-, Xesús Lorenzo Varela Vázquez -letras galegas 2005- e María Alvajar, escritores e escritora nados fai 100 anos. Se non fora así, vaia por diante os meus recoñecementos ao seu traballo en prol da cultura Galega, pois gabar o traballo de todos estes/as persoeiros/as é de inevitable obriga.

Agora que o Galego xa está totalmente asociado ao Castelán e afastado do Portugués no que se refire a grafía, non interesa recuperar a vella pantasma

Quixera centrarme agora -unha vez arrefriaron as primeiras opinións sobre a decisión de outorgar o día das letras 2016- no motivo real deste artigo, que non é outro que a non concesión do día das Letras Galegas a Ricardo Carbalho Calero, o cal estivo na recta final de meta xunto a Xela Arias. Por suposto que eu fico enormemente ledo coa determinación da academia de outorgarlle a Manuel María tal nomeamento, decisión que eu repetiría ano tras ano. Máis o que nos debe levar a reflexionar e a debater é o porqué da histórica negativa a concederlle este día a Carbalho Calero. O motivo é innegable. Concederlle este galardón significa ter que abrir un debate que está xa adormecido, esmorecido, -case me atrevo a dicir que fulminado- e é o debate do lusismo e do reintegracionismo. Agora mesmo os poderes políticos e aqueles outros que os rodean, non teñen -nin tiveron, nin terán- ningunha intención de abrir esta particular caixa de Pandora. Agora que o Galego xa está totalmente asociado ao Castelán e afastado do Portugués no que se refire a grafía, non interesa recuperar a vella pantasma. Só esta é a razón, pois as e os que temos un minúsculo interese e sensibilidade pola lingua sabemos que Ricardo Carbalho Calero fixo méritos dabondo para obter dita concesión non no 2016, senón incluso en vida. Así pois, sen pretender converterme nunha experta pitonisa, podo xa adiantar aquí, que Carbalho Calero, a pesares dos seus moitos méritos endexamais será homenaxeado, nin honrado, con tal recoñecemento.

Carbalho Calero, a pesares dos seus moitos méritos endexamais será homenaxeado, nin honrado, con tal recoñecemento

Quixera rematar o artigo cun desexo e cun consello sobre a figura de Manuel María, asemade que cun pequeno verso do mesmo autor. O desexo é ben doado de conceder pois do que gostaría é tan só que chegue ás librarías a totalidade da súa obra, pois estando esta xa editada, non se espalla polas mesmas, nin sendo públicas nin privadas. O consello é que non dubiden en visitar a fundación Manuel María en Outeiro de Rei. E o verso, pertencente á obra "Escolma de poetas de Outeiro de Rei", é o seguinte:

Quen nos diga que temos

que ter paciencia e calar,

¡ou é que xa manda en nós

ou é que pensa en mandar!

Acerca de Fernando Rei Maio