De quen estamos a falar?

- Ti dis Galiza e eu Galicia. Non falamos do mesmo país.
- Ti vés da cidade e eu da aldea. Non falamos do mesmo país.
- Ti es fraquiño e eu gordecho. Non falamos do mesmo país.
- Ti vives na beiramar e eu ben terra adentro. Non falamos do mesmo país.
- Ti vas vella e eu son nova. Non falamos do mesmo país.
- Ti es home e eu muller. Non falamos do mesmo país.
- Ti falas con gheada e eu sen ela. Non falamos do mesmo país.
- Ti tocas a gaita e eu o saxo. Non falamos do mesmo país.
- Ti mides 1’76 e eu 1’64. Non falamos do mesmo país.
- Ti estás na emigración e eu aínda non. Non falamos do mesmo país.


- Ao meu país arrásanlle o campo.
- Ao meu tamén.

- Ao meu país desmóntanlle a industria.
- Ao meu tamén.     

- Ao meu país róubanlle os aforros.
- Ao meu tamén.

- Ao meu tamén.

- Ao meu país impídenlle a pesca.
- Ao meu tamén.

- Ao meu país quéimanlle as árbores.
- Ao meu tamén.

- Ao meu país déixano sen xente.
- Ao meu tamén.

- Ao meu país arráncanlle a lingua.
- Ao meu tamén

- Ti falas do meu !
- Non, falas ti do meu !
- É o mesmo, o dos dous !
- É o mesmo, o das dúas !

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.