O conselleiro fraudulento

O ascenso a conselleiro do anterior alcalde de Ferrol, Rey Varela, confirma a teoría de que neste "impaís" a incompetencia no só non se castiga senón que tamén se premia

O ascenso a conselleiro do anterior alcalde de Ferrol, Rey Varela, confirma a teoría de que neste "impaís" a incompetencia no só non se castiga senón que tamén se premia. Despois da estafa da Edar, do cobro fraudulento de máis dun millón de euros a toda a veciñanza ferrolá, despois dos informes fraudulentos para imputar o cobro da taxa, da posta en marcha e das encomendas de xestión totalmente irregulares e opacas, e despois das campañas publicitarias sobre o non-saneamento da ría, resulta que o señor Rey Varela é un dos grandes activos dos que dispón o PP para atender a política social en Galicia.

Esta forma de facer política enganosa é a que está afastando cada vez mais a cidadanía das institucións políticas. O engano, o timo e a estafa non poden ser aval nin premio de ninguén para facer carreira política

A súa xestión amosa a total supeditación do seu goberno os intereses das empresas privadas que colonizaron durante o seu mandato os servizos básicos da cidade

Non son as mellores credenciais pois as de Rey Varela para exercer o cargo de conselleiro; a súa xestión amosa a total supeditación do seu goberno os intereses das empresas privadas que colonizaron durante o seu mandato os servizos básicos da cidade, como a auga, o lixo e os servizos sociais, con Florentino Pérez como último e único beneficiario.

Unha política que se caracterizou tamén polos recortes en servizos sociais e pola promoción do asistencialismo caritativo. Que agora semella que o señor Feijoó pretende levar a Xunta de Galicia, para desgracia dos galegos e galegas.

Unha política que se caracterizou tamén polos recortes en servizos sociais e pola promoción do asistencialismo caritativo

Necesitamos transparencia, responsables públicos que dean conta da sua xestión, que estean ao servizo da xente e non dos grandes lobbies empresariais. Todo o contrario destes políticos profesionais que como Rey Varela sempre antepoñen os seus espurios intereses privados aos do ben común da cidadanía.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.