Albert Rivera e Galicia

As propostas do Rivera son claramente agresivas para Galicia

Ven de presentar Albert Rivera as súas propostas de reforma constitucional: supresión do Senado e asignación das súas competencias a unha Conferencia de Presidentes Autonómicos que terían voto ponderado de acordo con cadansúa poboación e con competencias no financiamento autonómico, supresión do Consello Xeral do Poder Xudicial e asignación das súas competencias ao Presidente do Tribunal Supremo, reforma electoral, redución das competencias autonómicas e derrogación da cláusula que permite transferirlle ás autonomías competencias exclusivas do Estado, supresión das Deputacións e redución á coarta parte dos concello.

As propostas do Rivera son claramente agresivas para Galicia. Na Conferencia de Presidentes Galicia só tería o 6% dos votos. Serían, pois, andaluces, madrileños e, quizais, cataláns os que resolverían as cuestións territoriais de acordo cos seus intereses. Galicia non tería posibilidades de acadar un sistema de financiamento xusto e automático que pondere con xustiza o avellentamento e espallamento da nosa poboación.

A supresión do 75% dos concellos é unha medida desenfocada. O que precisa o mapa local galego é  consorciar os servizos locais, para poder prestalos a xeito

A supresión do 75% dos concellos é unha medida desenfocada. O que precisa o mapa local galego é  consorciar os servizos locais, para poder prestalos a xeito. Os concellos e os concelleiros cumpren unha función de aproximación das Administracións locais ao territorio que na Galicia, coa metade dos núcleos de poboación do Estado, resulta imprescindíbel. En realidade, o erro de Albert Rivera é querer resolver o mapa local dende o Estado no canto de internalizar o réxime local a prol das autonomías, para que cada unha defina o que lle compre a cada un.

O sistema electoral proposto por Rivera penalizaría inxustamente as forzas de ámbito galego, ao esixir un mínimo do 3% no Estado para obter deputados

O sistema electoral proposto por Rivera penalizaría inxustamente as forzas de ámbito galego, ao esixir un mínimo do 3% no Estado para obter deputados. Esta reforma impediría, “de facto”, que as forzas galegas tivesen representación no Congreso.

Galicia repousa sobre uns alicerces económicos que para o Estado son totalmente prescindíbeis. Velaí a vinculación entre autogoberno e benestar. Se o sr. Rivera leva adiante o seu programa de reformas, os partidos galegos non terán representación no Congreso, os intereses de Galicia non serán respectados na Conferencia de Presidentes e o seu autogoberno limitaríase substancialmente. Galicia será máis pobre e dependente.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.