A muller saharauí

"Sahara da miña vida:/ o meu corazón de muller anhélache e grítache?/ porque nunca, nunca,/ nós deixamos de ser?"

A muller saharauí goza dun status xurídico e político moi avanzado con respecto aos países musulmáns e africanos da súa contorna. Cabe destacar o dereito ao divorcio e a ausencia da violencia de xénero na sociedade saharauí.

Historicamente xa gozaba dunha gran liberdade, vivía nunha sociedade nómade dedicada ao pastoreo na que os homes debían ausentarse longas tempadas para atender ao gando e eran as mulleres as encargadas das responsabilidades da vida diaria e a organización. Sendo unha peza de vital importancia na transmisión da cultura e a historia.

Este status sofre un lixeiro retroceso durante a colonización española, que trae ao Sahara un tipo de vida máis sedentaria relegando á muller ao ámbito do fogar, sen ter dereito nin ao traballo remunerado nin á formación.

Á vista deste retroceso e co desexo da recuperación do devandito status e colaborar na autodeterminación do Sahara Occidental nace, a principios dos anos 70, a Unión Nacional de Mulleres Saharauís.

Coa chegada da ilegal ocupación por parte de Marrocos e a consecuente guerra, o papel da muller volve cobrar unha importancia vital. A vida nos campamentos está baixo a supervisión e organización das mulleres, recuperando labores que durante a época colonial eran reservadas unicamente aos homes, que neses momentos atópanse combatendo contra as forzas de ocupación marroquís e mauritanas.

Coa firma do acordo de paz no ano 1991, o home regresa aos campamentos, pero grazas ao gran labor organizativo durante os anos da guerra fan que a muller siga participando activamente na organización social e política. A muller saharauí representa o 30% do Parlamento Saharauí, ocupando cargos de responsabilidade como ministras ou dirección de diferentes organizacións.

Nas zonas ocupadas do Sahara Occidental, a muller saharauí vive a ocupación dunha forma diferente ás dos campamentos e nun contexto de violencia física e psicolóxica permanente debido á ocupación e a actuación brutal das autoridades marroquís. Afectando as mulleres de forma directa, sendo elas as propias vítimas destes abusos, ou indirecta, unha vez que son as nais, mulleres e fillas dos presos políticos, dos secuestrados e desaparecidos, tendo que asumir unha vez máis o peso da responsabilidade de sustentar a familia, nun contexto de apartheid político social e económico onde non hai nin traballo para os/as saharauís e onde cada vez a vida tradicional é máis difícil de levar a cabo. A pesar disto, o seu papel é tan importante como nos campamentos, asumindo, en moitos casos, o papel de líderes de asociacións, converténdose en elementos activos da resistencia pacífica.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.