0 Gardados para despois

Pilar Fernández

Chamada urxente para o sector pesqueiro

Cando se coñeceu o custe ecolóxico e económico do proxecto do Corcoesto e da Megaminería para que as multinacionais se levaran o suposto ouro galego, a sociedade civil saíu á rúa, dando, como noutras moitas ocasións, un exemplo de mobilización. En xogo estaba o futuro das augas, da saúde, do ecosistema e do entorno de milleiros de cidadáns galegos. E gañouse a batalla, porque a sociedade, as organizacións ecoloxistas, as plataformas contra a mega-minería... tiñan argumentos, sentido común e o mais importante, tiñan a razón.

Un Plan de Acuicultura clonado doutros moitos ao redor do mundo; un plan clonado que dende anos está recibindo severas críticas e informes oficiais dende países Europeos

Agora, outra gravísima ameaza planea sobre o País. Un Plan de Acuicultura clonado doutros moitos ao redor do mundo; un plan clonado que dende anos está recibindo severas críticas e informes oficiais dende países Europeos que coma nós, viven da pesca e do marisqueo, coma por exemplo Escocia ou Irlanda. Hai dous días, a STV escocesa publicaba unha noticia sobre os serios problemas de toxicidade e insalubridade que veñen xerando estas piscifactorías, e a pouca regulación existente para resolver estes serios problemas, non só para o peixe que se cría nestas granxas, senón tamén para os exemplares salvaxes. O Goberno escocés, púxose mans á obra.

Cando a noticia deste plan chegou aos meu ouvidos, o primeiro que me veu á cabeza foron varias preguntas: que foi facer Feijóo en Xapón? Ten esa visita que ver co enorme Plan de Acuicultura que dende a Xunta queren impor, aínda en contra do sentir maioritario dos bateleiros, mariscadores, artes menores...? Quen saca tallada de todo iso? Porque este plan claramente vai prexudicar a TOD@S aqueles que viven do mar e a curto-medio prazo, vai provocar a desaparición de miles de postos de traballos; é mais, os informes que leo de Irlanda e Escocia, e mesmo de Chile, este Plan suporía unha seria ameaza para a saúde dos galeg@s.

Será que este Plan tamén tén que ver co proxecto de levar ao despece mais de 500 barcos de distintas artes?

A que se debe a cerrazón da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, en negar, por activa e por pasiva, unha solución ao sector do Cerco galego, que leva acampado case dous meses, diante dos Edificios Administrativos de San Caetano? Será que este Plan tamén tén que ver co proxecto de levar ao despece mais de 500 barcos de distintas artes? Que ironía, non si? Que dende a Xunta anuncien e se vanglorien da promoción para os novos emprendedores, animándoos a que se fagan con barcos de pesca para agora recoller subvencións europeas e desfacerlles as empresas... quen paga as débedas das miles de familias afectadas por estas políticas? A quen defende Rosa Quintana?

Dende a Xunta fártanse de dicir que hai más cota, hai más cota, hai más cota... quen e como se fai o REPARTO, señora Conselleira? Por que non quere un debate público que Acerga ven pedido por activa e por pasiva dende que empezou este conflito? Por que non se quere facer un reparto lineal por tripulante, mais xusto, que sería a solución perfecta, de querer resolver este problema?

Falan de democracia... por que a señora Conselleira non visitou nin unha soa vez aos mariñeiros de Acerga? Por que os ignora? Por que os insulta? Por que esperar ata a lotaría de Nadal para facer o que un responsable político ten que facer: mediar, conciliar, revisar acordos, rectificalos, conciliar, RESOLVER conflitos (non crealos!!)? Que pasa na Consellería do Mar que non hai intención de resolver nada?

Moitos pensamos que si Rosa Quintana non quere resolver nada, debería presentar a súa dimisión; moitos pensamos que é algo que debería ter feito, por ética e dignidade hai tempo

Moitos pensamos que si Rosa Quintana non quere resolver nada, debería presentar a súa dimisión; moitos pensamos que é algo que debería ter feito, por ética e dignidade hai tempo. Moitos nos preguntamos por que o Sr. Presidente de todos os galegos non toma a decisión de cesala, algo que debería ter feito cando a Sra. Conselleira tropezou có problema do Sector Leiteiro... Vailles no soldo asumir esa responsabilidade. Mais o que ata agora, e durante mais de 55 días levan facendo dende a Xunta de Galicia é nada mais e nada menos que abandono de responsabilidade institucional.

fago un chamamento a xuntarnos todos, informarnos ben das consecuencias que ten este Plan para toda a costa galega, para a economía galega a curto, medio e longo prazo

Algún día saberemos todas as respostas. Mais agora, de xeito urxente, fago un chamamento a todo o sector pesqueiro, ás miles de familias que dependen dos distintos sectores, ás asociacións ecoloxistas, ás organizacións políticas, a xuntarnos todos, informarnos ben das consecuencias que ten este Plan para toda a costa galega, para a economía galega a curto, medio e longo prazo, e saír tod@s xunt@s a dicirlle ao Sr. Presidente da Xunta de Galicia que queremos vivir dignamente da nosa costa; a esixirlle ao Sr. Presidente de tod@s os galeg@s, que o seu Plan non é o noso Plan.

Acerca de Pilar Fernández