0 Gardados para despois

Gustavo Peaguda Pérez

O diálogo

Nestes tempos confusos, salvo para os que viven na incerteza escoitando os días de mesta choiva a Caxade e a súa Danças das Moscas e para os que se preguntan sempre “quand partons nous vers le bonheur?”* e nunca collen o barco a tempo, o que polas tardes conta paxaros, seguindo o consello do doutor Rendor Homok**, cree (ou quere crer) que algúns estalles pasando o que lle acontecía ao poeta Jaime Gil de Biedma, que viviu en “sitios positivamente húmedos e insanos”*** cando lía unha paxinas de Carlos Bousoño a propósito de si hay una especial afinidad entre escribir un soneto y decirle a alguien que es un burro.“ Me hace pensar”****.

Por fin, non venceron os que queren tanto a verdade e que de tanto querela queren apropiala TODA, pensou ao mesmo tempo que contaba os paxaros para controlar a súa ansiedade. Os paxaros calan porque saben que sempre trunfan os “poetas de recetario” e non os poetas que viven en voz baixa.

 

Coda:

*” Cando partimos cara a felicidade?.”.Charles Baudelaire. Diarios íntimos.

** Rendor Homok ou Rendor Homo (Ata mil novecentos oitenta e oito, ao igual que o Keith Richards, deixou caer a ultima letra do seu apelido). Psiquiatra de orixe húngara, que mora en Santiago de Compostela . Vivo só porque aplicou o pe da letra o de “you¨ll never break it,darlin´. You won´t break This heart of stone. Oh, no, no, no You better go, you better go home” O SERGAS non lle homologa a titulación, polo que as malas linguas, a parte de chamarlle, parodiando a T.S Eliot cando definía a William Blake, “ wild pet for the psychiatrists” , din que ademais de pasar consulta, de xeito ilegal, no seu domicilio na rúa Avenida de Ferrol, preto do Hospital psiquiátrico de Conxo , completa a súa precaria economía escribindo novelas para a outros colegas de profesión, ocupados na “praxe” medica legal. A derradeira novela, din esas mesmas malas linguas é “Tempo de pedra” do psiquiatra ourensán Ramón Area ( Editorial Canela, A Coruña, 2015). O autor, co galo de que remataran os comentarios e de evitar o que lle pasou ao doutor Carlos Castilla del Pino co seu “ Discurso de Onofre”, púxose en contacto co seu avogado.Por certo, de provincias e con certo parecido a Danny de Vito. Nó da altura, refírome.

**O poeta de “ Moralidades” viviu en Barcelona, Ourense, Oxford e París. Coincidirían na rúa do Paseo de Ourense, Jaime Gil de Biedma, vestido de militar e José Ángel Valente? Comentaríalle Jaime Gil de Biedma ao poeta ourensán , cando se viron en Colliure o vinte e dous de febreiro de mil novecentos cincuenta e nove, que el comprendeu mellor o da poesía da experiencia de Robert Langbaum, cando facendo o servizo militar en Ourense comeu un pincho de orella que lendo o seu libro? .Falaríanlle de Otero Pedrayo e Vicente Risco?.

****Diarios 1956-1985.Jaime Gil de Biedma. (Editorial Lumen, Barcelona,2015). Nestes días hai un poeta que anota no seu diario. “Levo dous días sen escribir un poema. A lectura dos xornais tenme entretido. Tema interesante. As cabalgatas de reis”.

Acerca de Gustavo Peaguda Pérez