0 Gardados para despois

Gustavo Peaguda Pérez

A necrolóxica

In Memoriam. Chocolate Armenteros.

O luns cando espertou sabía que a semana non ía ser boa. Primeiro a morte do cantor inglés David Bowie, logo a morte do trompetista cubano Chocolate Armenteros. Cumpriuse así o que din a súa muller Lady Jane, que moitos consideran medio-meiga e o seu amigo o psiquiatra de orixe húngaro pero con praza no Hospital psiquiátrico de Conxo Rendor Homok. Morren a pares.

Este feito biolóxico es-inesperado fixo que xurdira nel de novo a súa vocación de autor de necrolóxicas que tivo ala polo ano dous mil dez en colaboración co seu amigo psiquiatra,chegando a publicar algunha nun xornal que hoxe está pechado e que pertencía a unha construtora. Non sabendo si pechou pola crise do periodismo ou pola crise da construción. Aínda que dá o mesmo porque tamén aquela vocación foi efémera. Como todo o que emprende na súa vida.

As súas necrolóxicas tiñan por principal característica que non eran unhas necrolóxicas ao xeito. Eran necrolóxicas de evasión. Nelas non había que buscar datos biográficos contrastados nin eran unha enumeración das obras que produciu o falecido. Só evasión!. Así por exemplo na necrolóxica da que estaban máis contentos, a do cantor norteamericano Solomon Burke o único dato biográfico que se daba era que foi propietario dunha empresa de pompas fúnebres.

Sen embargo, plantóuselle unha dúbida sobre quen escribir, polo que decidiu primeiro esperar a ler as necrolóxicas e artigos laudatorios que se publicarían nos próximos días.

Comprobou pasados varios días que sobre David Bowie escribíronse varias decenas de páxinas nos xornais- Primeiras espadas da critica musical e artistas de rock nacionais, dende Julian Ruiz ata Loquillo-, que lle provocaron o que lle pasaba a Jaime Gil de Biedma e que anotou no seu diario de 1965 “siempre que escucho de labios de alguién que paso los treinta años el relato de una noche de amor tengo la impresión de que me está contando cómo va de vientre o como logro expulxar las piedras de la vejiga”. Pero polo contrario de Chocolate Armenteros só se escribiu unha e de seguro que pasou desapercibida para a maioría de lectores de xornais.

Polo que decidiu escribir a necrolóxica de Chocolate Armenteros, comezando coa seguinte frase “ Chocolate Armenteros era un trompetista cubano afincado na cidade de New York dende mil novecentos cincuenta e oito, de sona mundial, chegando a tocar nun baile privado no Hotel Waldorf Astoria, contratado pola campaña de un mozo John F Kennedy pero tamén lle chamaban o “jodedor”, pero un jodedor disciplinado porque nunca negou aos seus fillos”, e remataba ca seguinte frase”. Sabemos que Chocolate Armenteros morreu e con iso é suficiente porque como dicía o escritor Danilo Kis “Só a morte é innegable”. Rest in peace, my brother.”.

Ao acabar a necrolóxica, plantóuselle outro problema. Quen a publica?.

Acerca de Gustavo Peaguda Pérez