O conto de Pedro e o lobo

«Cuando los nazis vinieron a buscar a los comunistas,
guardé silencio,
porque yo no era comunista.
Cuando encarcelaron a los socialdemócratas,
guardé silencio,
porque yo no era socialdemócrata.
Cuando vinieron a buscar a los sindicalistas,
no protesté,
porque yo no era sindicalista.
Cuando vinieron a por los judíos,
no pronuncié palabra,
porque yo no era judío.
Cuando finalmente vinieron a por mí,
no había nadie más que pudiera protestar.»

O famoso poema escrito por Martin Niemöller e frecuentemente atribuído a Bertolt Brecht pode resumir perfectamente a realidade social e política da España.  

Neste país rodaron (metafóricamente falando) cabezas de directores de periódicos polas súas publicacións, as de periodistas que denunciaron as baxezas do réxime. Pecháronse revistas, secuestráronse publicacións, encarceláronse debuxantes satíricos e manifestantes pacíficos por defender os dereitos que nos intentan roubar cada día un pouco.

Apartáronse xuíces da xudicatura por tentar xulgar a banqueiros deleznables, por tentar xulgar as tramas corruptas do bipartidismo deste país. Todos os xuíces que tentan facer xustiza de forma autónoma contra as figuras do sistema, son arroxados aos leóns mediáticos para que os difamen e crucifiquen (Alaya), ou ben teñen que soportar presións e inxerencias de organismos superiores completamente politizados (Castro).

Expulsáronse militares da súa carreira por denunciar os graves abusos e a corrupción sistemática dentro do exército. Neste país foron a por tuiteros con humor negro que agora son políticos, a por enfermeiras infectadas con ébola, despois de dar una imaxe lamentable ante os sucesos.

Mantívose artificialmente en prisión a presos políticos como Arnaldo Otegi, aínda en contra de todas as recomendacións das instancias Europeas. Acusouse sistemáticamente a partidos políticos que denuncian estas prácticas pouco éticas de financiación irregular sen demostrar nada, só para restarlle validez ao discurso.

Agora tócale a un pobre par de titiriteiros, o certo é que cando se leen cousas como apoloxia do terrorismo un pensa nesa obra mestra que é o gran ditador de Chaplin, e que aplicando esta política absurda e ignorante, se privaría dela á humanidade. A invocación ao medo, ao descoñecido, o novo contra o vello, citando ao celebérrimo refraneiro Castelán, “máis vale malo coñecido que bo por conocer”. 

Durante moito tempo se nos dixo que a principal preocupación da sociedade era ETA. Mentres se gastaban recursos nesta loita estéril, na última decada morrian mais de 1000 mulleres a mans das suas parellas sen que as autoridades de turno foran aos seus enterros, sen que os seus nomes aparecesen nos medios, sen recoñecemento máis que una pequeña columna na prensa local. Destínase unha cantidade ridículamente enorme á loita contra o terrorismo, mentres que os recursos destinados a loitar contra a violencia machista son moi escasos.

España é o país da UE con máis presos por cada 100.000 habitantes. O país da UE con maior presenza policial, con 505´8 policías por cada 100.000 habitantes. Moi por riba do que semella necesario, se comparamos con países como Alemaña con 299´7 ou case duplicando a un país bastante civilizado e seguro como Inglaterra con só 260.

Calquera podería pensar que son unas medidas de disuasión necesarias para manter a seguridade no país, sen embargo cando nos imos a observar os datos, vemos que España ten unha das tasas de criminalidade máis baixas da UE. No tocante a delitos e faltas por cada 1000 habitantes, España con 45 está moi por debaixo da media Europea (67,6). Todo isto leva a pensar o seguinte, se España é un dos países da UE no que se comente un menor número de delitos e faltas, que sentido ten que sexa no que se esgotan máis recursos económicos e humanos neste fin?

Realmente é seguridade cidadá ou un excesivo intento de control social? Se cadra a herencia todavía latente da ditadura?

 

O eterno xogo da dereita

Os mesmos que afirman que na polémica obra, os títeres adoctrinan, son os mesmos que esixen que a relixion sexa obrigatoria na escola. (con profesores que nin sequera son tal, pagados por todos, iso si). Os que onte se rasgaron as vestiduras en pro da liberdade de expresion cos atentados de parís, son os mesmos que hoxe se rasgan as vestiduras cando se exerce.

Neste contexto. A dereita, ca complicidade dalgúns dos mass media fai o seu xogo sucio. Baixa ao barro da politica, onde os demagogos se sinten cómodos para facer o seu traballo. Estes ideologos da dereita, os seus creadores de opinion, son expertos en inventar inimigos de cartón pedra, para poder presentalos ante a opinión pública. Saben que unha sociedade que ten medo sempre escora o voto á dereita. Chámese resistencia galega, cataluña, inmigrantes que cruzan o estreito, esquerda abertzale, venezuela, podemos, comunismo... Todo vale para crear unha cohesión en base ao medo, porque o odio e un elemento de unión moito máis poderoso ca ningún outro. O odio crea unha liña clara que separa o nosoutros do eles, e ahi todos se poden sentir identificados. A pesares de que o mileurista que vota ao pp e os grandes empresarios conservadores teñen ben pouco en común, nin sequera intereses económicos similares.

Teñamos memoria, e non esquezamos as ofensas do pasado, pois o pobo que esquece os seus erros está irremediablemente condeado a repetilos. Esta amnesia leva á ignorancia e esta ao medo, e cando unha sociedade ten medo cae a liberdade, renunciar á liberdade en favor dunha maior seguridade case sempre é algo voluntario e transitorio, pero adoita ser o primeiro paso cara o fin da democracia. Non debemos obviar que unha dictadura perfecta terá a apariencia dunha democracia.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.