A proposta europea de Varoufakis

Malia a presenza do alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, na nosa Galicia non tivo un grande impacto a presentación por parte do antigo ministro de Finanzas grego, Iannis Varoufakis da sùa proposia DIEM25 (“Por unha Europa democrática no 2025”). Unha proposta paneuropea, de estricta participación individual e que proclama a necesidade dun proceso constituínte europeo para garantirmos a transparencia e a democracia na Unión, diante da actual deriva oligárquica e errática que ameaza, segundo o grego con ·desfacer Europa e levarnos a unha situción semellante á do fascismo dos anos 30”.

Falta a verdade quen ve extremismo  nunha proposta común europea que bebe de fontes humanistas e democráticas. O propio Varoufakis non é un marxista. É un neokeynesiano de alicerces filosóficos e idelolóxicos semellantes aos dos Nobel de Economía Stiglitz e Krugman, que adhiren esta proposta. En realidade, esta súa chamada a unha acción global europea para salvarmos a idea da Unión e, quizais, a propia existencia da Europa democrática e humanista que coñecimos, debeu ser a chamada dos socialdemócratas e de boa parte dos liberal demócratas polo menos no 2007. Incríbel o despiste polìtico no que seguen instaladas estas dúas familias políticas europeas, pais canda a democracia cristiá do Welfare State que distinguiu o que ben podìamos chamar the european way of life.

Mais non só periga o Estado do Benestar na Europa, senòn a propia gobernanza democrática. Porque as forzas oligárquicas multinacionais, os axentes da economía financeira, os chamados mercados, aproveitaron moi ben as carencias institucionais da construción eriopea, cun Parlamento e unha Comisión moi limitados nas súas funcións  unha clara preponderancia do Consello de Ministros, que representa aos Estados e dun Banco Central Europeo que só resposta perante Deus e a Historia. Os mercados gobernan na Europa polo seu déficit democrático. Velaí o acerto de Varoufakis ao definir o eixo do seu discurso. Por unha Europa democrática e transparente.

Velaí a grande novidade de Varoufakis; propór unha axenda europea compatíbel coa axenda de cadansúa nación (no noso caso Galicia) ou territorio e que nos obriga asumir que Europa é unha das nosas identidades e dos nosos referentes. Porque compre pensar e actuar tanto global como localmente.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.