O concerto

Nestes primeiros días do mes de marzo, nos que as conversacións sobre literatura seguen consistindo en dilapidar opinións, falase moito do concerto que os Rolling Stones van dar na Habana, pero no ano 1983, o vinte e sete de agosto, houbo outro concerto que marcou a historia nunha pequena cidade de provincias, na que os escritores que viven en voz baixa din que hai ouro e a pesar diso aínda algúns convértense en bebedores, menos para dous amigos, Ramón e Pedro, que cando nunha radio local lles preguntaron se ían ir ao concerto simplemente dixeron:

- Nós non imos ao concerto. Nós somos máis de Kortatu. La asamblea de majaras. Se ha reunido. La asamblea de majaras ha decidido: mañana sol y buen tiempo. Que o Miguel Ríos meta polo cu o raio láser, as pantallas de vídeo e os Kas de laranxa e limón.

Despois da chamada da radio aos dous mozos e da súa resposta punk, a nai de Ramón chamounos cun berro, que asustou ao pai de Ramón, que estaba lendo o texto de Johann Gottlieb Fichte no que di:

O home debe traballar, non como unha besta de carga que se adormenta baixo o seu peso e que, despois de repoñer insuficientemente a súa esgotada forza, é espertado de novo para levar o mesmo peso. Debe traballar sen o aguillón do medo, con gusto e con alegría, conservando tempo libre para levantar o seu espírito e a súa mirada cara ao ceo, para cuxa contemplación está feito.

e que o luns ía explicar aos seus alumnos de COU, máis preocupados porque non tiñan as entradas para ver no cine Xesteira Porky's II:The Next Day que polo idealismo alemán.

Ramón e Pedro a merendar. !.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.