0 Gardados para despois

Diogo Tabuada

Confesións, disxuncións e adeuses: A Europa necesaria

A Manuel Rivas, a Suso de Toro, a monsieur Pereiro, dende a Rivoira Sacrata.

Preocúpame. A situación é de tal complexidade e delicadeza que ás novas xeracions de Europeos – entendo a condición de europeo como a realidade social que condiciona ao noso continente – que cremos nunha Europa laica, capaz de dialogar críticamente entre relixions, culturas e experiencias históricas diferentes, non nos queda outro remedio que habitar un locus mental de apertura permanente ao diálogo, á análise, ao libre examen e, tamén, ao contraste entre o que desexaríamos que Europa fose e o que realmente é hoxe como realidade xeopolítica.

O coñecimento e a sensibilidade estética do ser humano foi, é, probablemente será, sempre, un diálogo tenso e fecundo entre a imaxinación e a sensibilidade, entre valores e feitos, entre o abstracto e o concreto; este é o locus mental e afectivo que quero habitar como galego, como hispano e como europeo : a predisposición a entender, a ser aberto e receptivo ao que descoñezo mais quero descubrir. Non podo ter a arrogancia de afirmar que coñezo eso que chaman Europa, pois moitos e diversos son os mitos, as lendas, as tradicions culturais e as memorias colectivas que a forman, e moi diversas as condicions en que se atopan as súas diversas realidades nacionais. O máis sensato que podo aspirar a facer é entender esto que chaman Europa coma unha realidade complexa e diversa, case inabarcable, que se intentou simplificar con discursos totais por intereses puramente pragmáticos e financeiros. A Unión Europea que se quixo fraguar en orixe, sendo fideis á verdade, é unha UE financiarizada e militarizada para os intereses das élites económicas de Estados Unidos, Inglaterra, Francia e Alemaña, nin sequera unha unión propiamente económica é o que motivou a construcción da súa arquitectura política e institucional. Dos pos daquela espúrea orixe para concebir algo semellante a unha Unión Europea convén partir para entender as lamas do actual caos, desunión e hipocresía Europea.

As élites desta Europa-fortaleza sabedes perfectamente que o actual modelo europeo pisotea ese hipotético horizonte de humanización da vida civil e política do que tanto falades. Ese horizonte que tanto desexamos, non porque rindamos pleitesía a unha identidade Europea fixa, estática, inmutable, nin tampouco porque rindamos pleitesía a un fetiche identitario alleo ao paso do tempo e á pluralidade de perspectivas confesionais e políticas. Por un motivo profundo, tan ancorado na razón como na sensibilidade, intuímos que a única saída para Europa é ser exemplar á hora de respetar, como punto de partida, os fundamentos fundamentais dos dereitos humanos. É, sen dúbida, unha exemplaridade moral da que estou a falar.

Non pedimos a perfección democrática, porque non cremos na perfección do xénero humano, senon na súa posibilidade para aprender dos seus erros. Non pedimos, tampouco, a xustiza perfecta e absoluta, porque non existe. Non esiximos o inesixible para disimular a falta de propostas concretas, de modelos de desenvolvimento ancorados nas diversas realidades xeográficas que componen este apaixoante puzzle que é Europa.

Non; infindas veces non, o que esiximos é que os valores dun pacifismo que non sexa un pacifismo inxenuo, senon realista, que os valores de liberdade civil e xustixa económica se convirtan nos valores centrais da actividade científica, cultural, económica e política. O que esiximos é unha utopía concreta, razonada e posible : a dunha Europa que fuxa do discurso único e que asuma dunha vez a súa mesticidade relixiosa, cultural, lingüística, política e histórica. A dunha Europa que fuxa do delirio e do odio xustificado en ideoloxías políticas totais que escapan do principio de realidade coa única intención de que a sociedade civil non se atreva a fiscalizalas con preguntas, nin a quenes se presentan como alternativa ao existente, nin a quenes xustifican o existente. A dunha Europa que fuxa do delirio e o odio xustificado en cosmovisions relixiosas que, aspirando á universalidade dende as súas institucions, cren lexítimo competir entre elas para presentarse coma o único camiño de salvación posible, usando, para elo, ao poder secular como instrumento.

Dende un tempo a esta parte estou convencido de que a crize civilizatoria non é, dende logo, responsabilidade e tarefa exclusiva de Europa, como convencido estou de que é, ao mesmo tempo, e recíprocamente, unha crise económica e de valores. Ámbolos dous síntomas poden darse a man, pois retroaliméntanse. Nin son dos que pensan que todo é espírito nin son dos que pensan que todo é materia, dende que fun un rapaciño vivín coa convicción de que ámbalas cousas, materia e espírito, constitúenme. Pode que estas consideracions sexan as que me alonxen da secular inquisición laica do comité central do Partido Comunista de España ou da sensibilidade cultural dominante en Esquerda Unida. Ben, pois se así é creo que é hora de romper o silencio e decir con cortesía adeus e ata sempre : de cada 50 comunistas en España coñecín a dous que realmente sabían do que falaban, a un que realmente o fose, a medio que se preocupara de reactualizar iso chamado comunismo sen mentir ao seu impulso orixinario de emancipación… e a ningún que o usara coma instrumento intelectivo para entender a complexa e diversa realidade dos pobos de España. Algo semellante ao que me pasou, por certo, en Galicia, con eses estranos seres chamados Galeguistas.

Desexo unha Galicia, unha España e unha Europa que poña freo o antes posible  ao irracional sobregasto armamentístico, ao fomento do odio e a ignorancia recíproca entre tradicions culturais e nacionais, a un sistema económico irracionalmente hiper-urbanizado que se despega cada vez máis da actividade productiva real, da industria, da agricultura, da terra, das persoas e dos recursos reais á súa disposición nas xeografías que habitan. Nada disto está na axenda e no horizonte, a día de hoxe, das auto-denominadas esquerdas en Galicia, en España ou en Europa. A responsabilidade da súa perda de credibilidade é unha mestura das súas incapacidades e de vontade sinceira de cambio civilizatorio.

Esta é unha carta sinceira a vós, aos pobos de Europa, da Europa do Norte, da Europa do Sur, da Europa occidental e non-occidental. É unha carta sinceira a vós, aos pobos de Europa, para que reflexionedes sobre o feito de que esto non é unha guerra entre relixions nin entre civilizacions, nin sequera entre culturas nacionais, non é unha guerra entre o cristianismo e o Islam, entre occidente e oriente. É unha guerra tan vella coma o mundo entre o desexo de querer vivir digna e humanamente e a vontade de facer o posible para que ese desexo non sexa o motor afectivo que catalice a solidaridade civil entre os pobos.

Esta é unha carta sinceira a vós, aos pobos de Europa, a cabalo entre a poesía e a prosa, para que reflexionedes sobre a parte de responsabilidade que a Europa dos grandes mercados financeiros teñen na producción inmaterial do odio e na financiación material do armamento co que se está executando toda esta serie ininterrumpida e programada de atentados, non só en Europa, senon en realidades extra-europeas. Esta, sí, é unha carta sinceira a nós, aos pobos de Europa, para que escoitemos as voces e os desexos que acoden ao noso continente clamando unha solución xusta, concreta, sensata, planificada e, ante todo, humana, para paliar toda esta dor socializada que sigue xermolando, non só nos países de acollida dos refuxiados, senon tamén nos seus países de orixe.

As élites desta Europa-fortaleza sabedes o mesmo que os vosos pobos. Sabedes que unha vida alonxada do delirio, do odio, da hostilidade mutua, da violencia verbal e a ignorancia recíproca entre relixions, culturas e nacions, da violencia e hostilidade recíproca entre clases medias e clases populares, non pode ter máis solución que a vontade de por a economía ao servizo do coñecimento e da satisfacción das necesidades básicas e radicais do ser humano. Xa pensamos e escribimos o suficiente durante milenios como para saber que non se pode esixir do outro un comportamento sensato, humano e empático, non se pode esixir sebedoría e phronesis aristotélica do outro se reducimos as súas condicions de existencia ao grado da máis pura e simple supervivencia.

Esta é a Europa que queremos. Unha Europa de verdades e identidades múltiples, mais que asenté na semente da xustiza social, das liberdades civís, da empatía ante a dor e a situación do outro. Unha Europa libre dunha irracionalísima escalada militar e nuclear financiada por psicópatas que pode devir en holocausto nuclear globalizado. Unha Europa para cristians, musulmans, xudeus…, para a pluralidade ideolóxica e secular diversa que acepta como proxecto común a aplicación da razón humanitaria libre de vontade de dominación. Unha Europa que sabe que non queda outro camiño que considerar que a clásicamente chamada causa dos pobres e o STOP definitivo ao libre mercado armamentístico e nuclear globalizado son as tarefas concretas que deben ocuparnos, non só como Europeos, senon como humanidade pensante e sentinte.

Visto que, a día de hoxe, a meirande parte dos xefes de estado e dos gobernos Europeos, así como a meirande parte dos partidos socialdemócratas e comunistas de Europa, gardaron e seguen a gardar silencio ante a necesidade de ofrecer solucions concretas e sensatas ante a debacle civilizatoria que supón a militarización nuclearizada da economía, a política e-inmigratoria e a política de seguridade consistente en pretender seguir matando moscas con canons, proviocando así o efecto chamada do fanatismo relixioso militarizado. Visto isto, eu, Diego Taboada, a 30 de Marzo de 2016, manifestó o principio do fin da miña actividade intelectual como comunista, como persoa intelectualmente comprometida cunha ideoloxía secular concreta, para manifestar o principio da miña militancia como sociólogo e escritor que non esixe máis que a liberdade constitucional de expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinions mediante a palabra, o escrito e calqueira outro medio de reproducción. Que non esixe, en definitiva, outra cousa que o dereito á producción e creación literaria artística, científica e técnica.

Cando a ignorancia, a preguiza intelectual, os prexuízos, a mala fe e u odio se normalizan, mellor caminar sozinho e seguro. Cando se dan por concluídos os valores ilustrados que enfatizaban na liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto, mellor volver á mellor das patrias. Patria cuxo nome, por certo, por ter especial relevancia para min, non pensó pronunciar.

É un segredo, e os segredos, segredos son.

Acerca de Diogo Tabuada