Inmigrantes e tarxeta sanitaria

Cando un decreto lei, por moito que o decrete un Goberno con maioría absoluta, contradí as bases dos Dereitos Humanos Universais e deixa sen plenos dereitos fundamentais a algunhas persoas, está permitindo a deshumanización non só do sistema, senón tamén dos que teñen que poñelo en práctica e, ás veces, de toda a sociedade.

Isto fomenta o racismo e a xenofobia e fai culpables aos que non o son. Tamén se consegue a discriminación por procedencia e o illamento social destas persoas que non deixan de selo polo feito de non ter o seu permiso de residencia

O Real Decreto Lei 16/2012 do 20 de abril vén dicir que soamente deixando sen plenos dereitos fundamentais aos que se atopan en situación administrativa irregular ou “ilegais” poderase garantir a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde, e isto fomenta o racismo e a xenofobia e fai culpables aos que non o son. Tamén se consegue a discriminación por procedencia e o illamento social destas persoas que non deixan de selo polo feito de non ter o seu permiso de residencia.

 

“Quizáis afórrase en esforzo colectivo e individual para entender aos que veñen de fóra”

Con este decreto lei o Goberno pretende aforrar. Quizáis sí, quizáis se aforra en xenerosidade, en solidariedade, en humanismo, en axuda ao máis vulnerable, en atención ao máis necesitado, en trato igualitario, en valores, en ética, en xustiza. Quizáis afórrase en esforzo colectivo e individual para entender aos que veñen de fóra.

Gran parte do persoal do Sistema Sanitario de Saúde decidiu que o seu código, a defensa e a preservación da vida, segue sendo o mesmo que tiñan antes do decreto lei

Segundo podemos ler nos medios de comunicación, gran parte do persoal do Sistema Sanitario de Saúde decidiu que o seu código, a defensa e a preservación da vida, segue sendo o mesmo que tiñan antes do decreto lei. Esto quere dicir, que atenderán ás persoas que cheguen as súas consultas sen preguntarlles se son asegurados ou se cotizan.

Esta sociedade sobre a que estamos a falar é a mesma que acolleu aos inmigrantes, asumindo a súa diversidade cultural, e sabe que eles representan o 11% da poboación, porcentaxe do que soamente o 5% son usuarios de atención primaria sanitaria.

Cómpre ter en conta esta consciencia social para entender que os recortes dos dereitos que hoxe perturban a uns, aféctanos a todos a longo prazo. É por iso polo que temos que facer forza e unirnos para evitar que ocurra a deshumanización da sociedade.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.