Carta aberta a Albert Rivera

Señor Rivera;

Voume dirixir a vostede en galego, ese idioma ó que o seu partido trata de poñer trabas, porque é a miña lingua nai, na que aprendín a falar e na que mellor me expreso. Por iso prefiro facelo así, ainda que despois traduza.

Diríxome a vostede para facerlle chegar a miña opinión con respeto da súa viaxe a Venezuela. A min pareceme ben que vostede visite Venezuela para comprobar o trato dos Dereitos Humáns que se fai alí e a existencia ou non de presos políticos. Pero paréceme un absoluto despropósito que non lle cause a misma preocupación o inexistente respeto ós Dereitos Humáns por parte do goberno marroquí para a poboación saharaui no Sahara Occidental ocupado. Nos cárceres marroquis, a moitos kilómetros do seus país, permanecen a día de hoxe 52 presos políticos saharauis, activistas pacíficos defensores do dereito do seu pobo a elexir o seu destiño. Todos son civís e a maior parte deles foron xulgados por tribunais militares que carecían da competencia e das garantías legais para poder xulgalos según tódalas convencións do Dereito Internacional vixentes na actualidade. Estes presos son hacinados, torturados e vexados cada día dentro deses cárceres.

A vinculación do Estado Español ó Sahara Occidental é historica pero tamén legal, pois mentras non se celebre un referéndum de autodeterminación onde @s saharauis decidan o seu futuro, España segue a ser a potencia administradora do territorio segundo as Nacións Unidas.

O partido ó que vostede pertence presentou o pasado mes de abril unha proposición non de lei onde solicita do goberno de España "reasumir a súa responsabilidade histórica" e que este inste ás autoridades marroquís a que "cesen a persecución dos saharauis que loitan contra a ocupación ilegal no Sahara Occidental e a que liberen ós presos políticos saharauis".

É por iso que non entendo o que foi facer en Venezuela se na súa intención é conseguir a liberación dos presos saharauis. E é por iso que o invito a viaxar a Marrocos para visitalos e ver en que condicións se atopan

O máis seguro se vostede chegase ó aeroporto de El Aaiún coas mesmas intencións coas que di chegar ó de Caracas, é que non fose recibido pola prensa como alí, senón pola policía ocupante marroquí que o metería de novo no avión de volta como lles aconteceu @s deputad@s autonómic@s galeg@s que viaxaron alí fai uns días. Se quizás chegase directamente ó aeroporto de Rabat coa intención de visitar ós presos saharauis na prisión de Salé, a policía marroquí deteríao no seu hotel e expulsaríao en barco polo porto de Tánxer como pasou cunha delegaciòn internacional de xuristas no mes de marzo pasado.

Porque Marrocos, señor Rivera, non permite o acceso de testigos das súas barbaridades, Marrocos non dialoga nin explica nada, Marrocos simplemente tortura, viola e asasina. E usar a cuestión saharaui para gañar votos e depois lavarse as mans é algo inmoral e hipócrita que xa fixeron outr@s antes que vostede. Pero esa xogada xa non funciona porque quenes traballamos pola independencia do Sahara Occidental non lles quitamos os ollos de encima ós seus actos como representantes políticos. Como vostede é novo nesto, mellor que o sepa canto antes.

Un saúdo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.