Vinte segundos... É canto valemos?

En non poucas ocasións expresei as miñas queixas porque as vítimas de violencia de xénero, lexos do ofrecernos solucións e ainda moito menos o trato e o apoio que sería de desexar na nosa loita para rematar con este feminicidio tan atroz, e que tantas vidas de mulleres se está a cobrar, se nos utilizaba como meras estratexias ou ferramentas para “adornar” as campañas electorais, as que se retornaba a o caixon do esquecemento no mesmo instante no que os comicios desvelaban os seus resultados.

Pois ben, eso rematou, pero, evidentemente, non do xeito que agardábamos. A nosa categoría, de derradeiro eslabón da cadea, mudou para pasar a da ignorancia e a do desprecio mais abominable que se pode imaxinar.

Vinte segundos, prezados lectores e lectoras, vinte segundos, e o tempo, o miserable tempo, que os nosos aspirantes a dirixir o noso pais, o noso destino se dignaron a dedicarnos as mulleres que cada día son asasinadas ou están en risco de selo!.

É tal o seu afán por acadar a poltrona, por seguir adiante con ese estúpido vodevil a o que chaman “programa electoral”, embarcados nunha interminable e descerebrada letanía do “y tú más”, que xa nin se esforzan en finxir que lles importa que nos estén matando.

Cústame, e moito, conter a indignación, vendo como nos insultan, como nos maltratan, porque esa ignorancia, ese desprecio por tanta dor, por tantas familias destrozadas, por tantos nenos e nenas marcados de por vida pola violencia machista, e un xeito mais e igualmente cruel de maltratar.

Por se esto non abondara, temos que soportar que ainda por riba, un “mesiánico” Pablo Iglesias, regalándonos unhas migaxas do seu valiosísimo tempo, nos sorprenda ca sua descabelada promesa de “SOLUCIONES HABITACIONALES PARA MUJERES SIN NECESIDAD DE DENUNCIAR”.....De qué despropósito irracional está a falar?. Qué propón, agochar as víctimas nunha especie de “gettho” mentras os seus maltratadores circulan pola vida con total impunidade?.

Qué clase de aspirante a presidente insta a ignorar a premisa mais fundamental e que e, ademais, o único xeito de sair do inferno, algo que estamos tentando desesperadamente de transmitir a sociedade, que e a denuncia?.

Eu tremo, de verdade, tremo de pena, de dor, e de medo, vendo como catro títeres megalómanos e ególatras, empecinados nunha demencial competición por medir os seus atributos e demostrar quen está mellor dotado, contribuen a que nos sigan asasinando, e, non soamente eso, se non que ca sua sinrazón, están a matarnos un pouquiño cada día. Están, en definitiva, maltratándonos, e por descontado, cos maltratadores, tolerancia cero.......Ogallá esto se refricta nas urnas!!!!.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.