0 Gardados para despois

Diogo Tabuada

Sen destinos – únicos – no universal

A unha intelixencia por-vir

Non é una excepción nin unha continxencia; o silencio programado, a brevidade e a asepsia informativas tralo atentado de Estambul, púxonos aos Europeos, de novo, en evidencia, por silencio doloso e cómplice. Ao atentado seguíronlle, instantáneamente, outra serie concatenada de atentados na capital de Bangladesh, Daca, tamén en Arabia Saudí – despois dun intento fallido en Quatif e outro en Medina - e na capital de Irak, Bagdad, o 4 e o 7 de Xullo respectivamente. Por suposto, tamén o silencio, a brevidade e a asepsia informativa compaxinada co ruido de centenares de tertulianos expertos en nada e sabedores de todo, foi a norma.

Recordo perfectamente os días – tensos – dos atentados na sede do diario satírico francés Charlie Hebdo. Recordo, tamén, os días posteriores aos últimos atentados na rede de metro de Bruxelas, a capital belga, así coma os días posteriores ao atentado de París, no restaurante Petit Cambodge : xusto ao día seguinte tódolos medios de comunicación audiovisuais, os informativos e a prensa escrita, ao unísono, amencían con titulares e rapsodias cheas de tráxica e patética grandilocuencia. Case parecía que eran tódolos ministerios do interior de Lady Europa os que falaban a través das bocas dos tertulianos oficiais de cada reino de taifa continental, e tamén, quenes escribían as columnas de opinión, as crónicas apresuradas just in time da prensa escrita do Reino de España e as sesudas propostas de laboratorio diplomático en política exterior sobre a conveniencia de garantizar ante todo a seguridade no mundo libre, predispoñendo a todo o sistema securitario Europeo á caza e captura do terrorismo islámico a calqueira prezo e con calqueira método de intervención. As consecuencias non importaban.

Podo entender o ton solemne ante tamañas carnicerías humanas, cando se verbalizan en quente. Podo entender a rabia e o desexo de aniquilar aos asesinos. O que non podo compartir é o efecto rebote e en cadea : a visceral Islamofobia extendéndose polo ecosistema cultural de Europa; e todo a pesares dos esforzos das comunidades Islámicas en Europa por condear ao unísono o atentado e responder, ao mesmo tempo, á ola mediática socializada de paralizadores estereotipos sobre o que o Islam é, debe ser ou pode chegar a ser, ou sobre cal, incluso, é a súa auténtica natureza totalitaria. Non faltou tampouco á cea o argumento-estrella, a saber : os países árabes son incapaces de entender o noso legado. Legado que, ao parecer, é monopolio intelectual dos Europeos, dos Europeos e de ninguén máis que dos europeos. Isto é : lady democracia e os dereitos humanos.

Deixando de lado o que de ideal radicalmente clásico ten a palabra democracia, e fuxindo das moderneces conceptuais que xustifican a necesidade de administrala a contagotas cara abaixo, supeditándoa cara arriba aos consellos de administración do reino euroamericano globalizado, cabería reflexionar de novo, e moito, sobre un tic discursivo que sempre resalta – e digo sem-pre – en perspectiva comparada : cando os atentados acontecen aquí, no lebensraum Euroamericano, a parálise institucional e a compulsión informativa é escalofriante, até que o orgasmo de rabia e odio amaina unha semana despois, cando os pousos do mesmo xa foron convenientemente sementados. Porén, cando os atentados acontecen alí, no lebensraum oriental, o ton informativo, a súa cantidade e precisión, difumínanse en menos de dous días.

A mensaxe é sempre clara cando o medo chama á porta das inmarcesíbeis institucions de occidente : ¡SOS, o noso mundo, a nosa forma de vida, a nosa civilizatio, debe ser defendida a capa e espada do seu mundo; un mundo no que reina o caos e no que, supostamente, case todos odian na súa integridade a Lady occidente, un mundo no que, supostamente, reina sempre o caos as 24 horas do día, e no que, supostamente, odiase tamén, integralmente, aos fundamentos filosóficos e políticos formais necesarios para a construcción dunha sociedade laica e democrática.

O máis cómico desta batería de estereotipos é que poderían aplicarse tamén ao espazo xeopolítico do occidente euro-americano, que de xestión democrática e laicidade non pode dar, precisamente, moitas leccions. E o máis cómico do suposto anti-occidentalismo ou anti-euroamericanismo dos países árabes e do Islam – moitas veces, repetidamente, dase por suposto que a arabidade e o Islam son unha e a mesma cousa, e por se non bastase con isto, proxéctase sobre ambos esencias identitarias inmutables- é que non teñen fundamento antropolóxico algún : abonda con observar a antropoloxía cultural cotiá en moitas ciudades de moitos países árabes e occidentais, en perspectiva comparada, e caer na conta de que é rotundamente imposible captar elementos absolutamente diferenciadores entre o que é característicamente occidental e o que é característicamente oriental, ou característicamente árabe e característicamente Islámico. Toda creación, material e simbólica, humana, ten elementos dalgo vello, por moi nova que queira autoconsiderarse. Toda creación, material e simbólica, humana, ten tamén semellanzas con algo outro, por moi idéntica a sí mesma que queira auto-considerarse. E sí, toda creación, material e simbólica, ten tamén momentos de continuidade e momentos de ruptura ao longo do tempo.

Oriente, en xenérico, e oriente medio, en concreto, é unha arbitraria e indefinida denominación xeográfica – políticamente interesada – do occidente euro-americano. Naceu tanto para entender como para exercer dominio e influencia sobre o mesmo. O árabe é un termo xenérico que simplifica as moitas variedades faladas do mesmo no planeta. E o Islam, pola súa parte, non é un texto canónico con interpretación ortodoxamente fechada ao pluralismo hermenéutico e interpretativo.

Como adoitamos ser selectivos en tódolos planos – e o recordó non é unha excepción -, ninguén recorda xa aquelas noticias nas que a UE consultaba coas autoridades da república francesa a posibilidade e conveniencia de relaxar durante un tempo as ortodoxias austeritarias da política económica europea para canalizar pingues inversions extra á política militar e securitaria. En resumo, todo o relativo á mesma política anti-terrorista consistente en querer matar moscas a canonazos – e queixarse nun futuro de que as moscas se armen para responder ao agravio -, e todo o relativo, tamén, á política e-inmigratoria do continente, consistente en sorrir diplomáticamente, en facer declaracions de principios e en, finalmente, demostrar con feitos que o único que zona baixo a diplomacia e-inmigratoria do continente europeo é un sonoro Get out of here!

Ninguén recorda, por suposto, a instantánea resposta de Francois Hollande e da aviación da república francesa despois do último atentado en París : bombardear conxuntamente, coa aviación Rusa, a Raqua, a capital Siria. E ninguén recorda, por suposto, o feito de que o silencio mediático foi tan sepulcral coma sepulcral foi a dor dos civiles inocentes e as súas familias despois do bombardeo. Todo isto, de novo, coa complicidade, co silencio responsable e doloso da inmensa mayoría dos gobernos e estados europeos. Todo isto, de novo, co silencio responsable e doloso da ONU e a participación activa da OTAN.

Se algo podemos concluir, á luz dos feitos e as prácticas, é que, sociolóxica, histórica e culturalmente falando, o vello adagio de que ante norte somos todos iguais é rotundamente falso; cando os mortos son os nosos, Lady Europa paga a violinistas e plañideras no enterro para que tensen máis o arco e choren máis intensamente. Mentras tanto, os mortos dos outros quedan encadrados desde a distancia, a vista de páxaro e con rexistro estadístico.

Co paso do tempo, delátase que esa distancia non é máis que o desexo – non públicamente recoñecido, por suposto – de ocultar selectivamente os recordos, as experiencias, os motivos profundos das resistencias e dos conflictos que non podemos captar coa lóxica – discursiva – do sentido común dos grandes poderes euro-americanos. Co paso do tempo, delátase, tamén, a vontade de ocultar selectivamente os duelos e as historias persoais que pongan en dúbida o suposto fundamento laico, pacífico, humanitario e democrático que inspira ás institucions de goberno da UE realmente existente. Lamentablemente, neste carácter selectivo, convén tamén integrar aos imperios consolidados non euro-americanos como Rusia e China, por exemplo, e a aquelas potencias cuxo camino oriéntase cara a vontade de devir en imperio emerxente.

E necesaria unha Europa das periferias resistentes basada nos paradigmas dun decrecimento ecolóxicamente fundamentado. Unha Europa decolonial que volva a re-valorizar a profunda importancia de coñecer e estimar a identidade cultural dos pobos dun xeito holístico. Unha Europa que recoñeza a vontada soberana das nacions que queren devir en estados democráticos e construir modelos de desenvolvimento alternativos ao modelo euro-americano. Unha Europa que reclame o principio do fin dos estados secuestrados no seu exercicio político soberano. Unha Europa da humanización do traballo industrial e da re-agrarización ecolóxica do seu modelo productivo.

Fai xa case unha década que intuín que un Paneuropeísmo con fundamento e práctica totalitaria sería o protagonista nas mal chamadas institucions democráticas da UE. Coma min, moitas outras voces das que me sinto parte, e antes ca min – co cal non quero darmas de euro-crítico avant la letre -, tomaban o mesmo horizonte epistemolóxico e discursivo. Pasan os anos e resúltame imposible ter confianza alguna nos chamados principios fundadores dun ideal europeísta ao que nunca se lle deu contido máis alá do reino do deber ser, do ideal, mais nunca desde a vontade de entender, previamente, o reino do ser no que se paraliza ese horizonte, e dende logo, nunca desde a intención de criticar até que punto, con silencio cómplice e doloso, en nome dos principios fundadores dese ideal europeísta, tratouse de xustificar un modelo de desenvolvimento de colosais e tráxicas consecuencias humanas.

Feitos son feitos : o control paranoico da poboación, das súas pautas migratorias e reproductivas, así coma o policultivo de inimigos e chivos expiatorios que funcionan coma eterno culpable ante a incapacidade para solucionar os propios problemas internos, seguen a ser a norma, non a excepción, na UE realmente existente. A supeditación das políticas fiscais e económicas aos caprichos curtoprazistas dos consellos de administración, seguen a ser a norma, non a excepción, na UE realmente existente. É evidente, así pois, que a Europa Post-Maastricht tutelada por Washington deviu nun monstruo alleo aos intereses cotians dos pobos de Europa. E a culpa disto, por suposto, non a ten, nin o Islam, nin o populismo, nin o coco comunista, nin o euro-escepticismo, nin o euro-criticismo, nin a vontade de independencia das nacions supeditadas a estados que acatan e aplican fidelmente tódalas ortodoxias fiscais e económicas do Eurogrupo, nin o feminismo da igualdade, nin o ecoloxismo, nin o decrecimento, nin a fiscalidade fundamentada no valor equidade/xustiza recaudatoria e distributiva, nin o pacifismo, nin a ética como horizonte da tekné política, nin o diálogo e a ciencia compartida en oposición ao retórico marketing político e ás pseudo-ciencias. Non; acabouse, estase acabando esa Caixa de Pandora chea cun variado surtido de inimigos aos que culpar nos cíclicos momentos de agudización das crises da UE do capital transnacional, e agora é o momento de que os pobos de Europa reclamen unha nova ola de re-democratización globalizada da vida económica e política.

As élites europeas son incapaces de entender – ou, se non o entenden, son remisas a pactar ese horizonte – que o cosmopolitismo e a universalidade dos sistemas sociais e culturais xamais poderán desenvolverse con naturalidade obrigándolles a considerar a UE realmente existente coma un destino único no universal, e o mesmo vale para os estados que obrigan aos seus sistemas sociais e culturais e asumir esa máxima.

Porque, non, Galicia non é un destino único no universal, nin España, nin Europa, nin Francia, nin Portugal, nin Sudáfrica… etc. Os destinos únicos no universal dos sistemas sociais e culturais que asumen a civilizatio neoliberal como horizonte están condeados á reproducción e re-emerxencia dos vellos prexuízos e falsidades de onte, de hoxe e de mañá, e polo tanto, auto-condeanse á auto-destrucción, empobrecemento e esquecemento da importancia do seu territorio, dos seus recursos, da súa paisaxe, dos seus eco-sistemas agro-alimentarios, forestais, fluviais e marítimo-pesqueiros, da súa flora e fauna, da memoria compartida e transmitida dos seus saberes tradicionais, da súa memoria histórica e contemporánea. En resumo : de todo aspecto da súa cultura material e inmaterial que poida servirlles para levar unha vida máis plena e menos dependiente do modelo euro-americano de gobernanza.

Guste ou non guste, existe un euro-escepticismo crítico, democrático de fondo, non só de forma, e rebelde. Existe un euro-escepticismo realista e analítico que camiña con motivación e horizonte contrario a ese euro-escepticismo que deixa ao escepticismo filosófico no armario cando devén políticamente fanático, islamófobo, racista e clasista. Ese euro-escepticismo non quere construir, senon destruir o ideal clásico e moderno de democracia para facer re-existir modelos de gobernanza neo-fascistas no político e neo-liberais no económico.

Tratar de confundir á opinión pública e aos cidadans mesturando, no seu espírito crítico e na súa motivación profunda, moral, ambos euro-escepticismos, é dunha irresponsabilidade e falsidade imperdonable. Convén responder sempre a esa asociación maniquea que leva camino de devir nunha especie de delirio profético secularizado no que todos os malos son sempre euroescépticos e todos os bos son sempre euro-crentes férreos no ideal europeísta que poucas veces quere encherse de contido antes de declamalo aos catro ventos. Por algo será, por suposto : as insuficiencias e incapacidades intelectivas sempre se ocultaron con retórica e toneladas de emotividade dispersa. Adoitan a facelo tanto os poderes constituídos para perpetuarse na súa gobernanza coma os poderes que se queren destituíntes sin alternativa estructurada á mesma.

O único destino no universal susceptible de non devir nunca totalitario, nin sequera intolerante, é aquel que asume que, en cuestions relativas á vontade de humanización da vida civil, política e relixiosa, todo está dito he escrito hai moito tempo… mais todo está por facer. Os crentes e non-crentes que nos criamos nas aventuras, desventuras e perplexidades da Europa contemporánea estamos, ao meu xeito de ver, no mesmo territorio mental e sensible, na mesma situación, na mesma encrucillada entre realidade e desexo, entre o ser eo deber ser, e por isto, estou convencido, transcribindo literalmente unas liñas de Albert Camus en Moral e política, do seguinte :

“Sempre é difícil unir realmente aos que combaten e aos que esperan. A comunidade da esperanza non é suficiente. É necesaria a comunidade das experiencias”.

Nin guerra de civilizacions, nin guerra culturas, nin guerra de relixions. Tódalas humanidades posibles poden construirse tanto dende a razón crítica, como dende a divulgación científica e tecnolóxica, como dende o compromiso político e dende a socialización do logos rellixioso como moral colectiva, non coma dogma formalizado e osificado a perpetuidade. Fraco favor nos facemos a nós mesmos se, nun proxecto de emancipación, consideramos que determinados saberes e ferramentas son susceptibles de tirarse no caixón do esquecemento.

Diego Taboada, a 9 de Xullo de 2016.

Acerca de Diogo Tabuada