O ENCONTRO PT II

A Manuel Jabois.

Recoñeceumo nunha tarde do mes de xuño no Airas diante dunha copa de albariño pero sen tartar de boi que compartir. Non teño nada en común con Manuel Jabois, o que non ten moita importancia, nin é tan excepcional porque tampouco teño nada en común con Alfredo Bryce Echenique nin cos poetas vascos e galegos que acabo de escoitar no faiado do Pazo de Raxoi. Poetas no tellado. Eu non son de Sanxenxo, nin escribín no Diario de Pontevedra, nin no Progreso nin no Mundo nin no Pais, nin estiven a piques de morrer en Caneliñas despois de que unha rapaza ourensá comprobara o ben que bican os indíxenas de  Sanxenxo. O bico bonito. Eu son de Ourense. Son dos que nunca estiveron a piques de morrer pero si dos que teño que escoitar as rapazas ourensás dicir que os indíxenas de Sanxenxo son uns artistas no arte do bico a luz da lúa e todo isto que che estou a dicir vouno a escribir non no Diario de Pontevedra, non no Progreso, non no Mundo e menos no Pais,senón nas marxes dunha publicidade de Cruise Romero. Luxury catamaran sailing trip, with all inclusive bar, and fabolous lunch. Sail around the marine reserve os La Graciosa. Viaje de lujo por Catamarán, con barra libre, y el almuerzo fabuloso. Navegar alrededor de la reserva marina de La Graciosa. Que lle vamos a facer. Cada un utiliza os seus propios medios.

O acabar o seu discurso e coa súa cara que pon de manifesto que ten sede propúxome brindar por Nós e polo Santo Cristo de Ourense. Eu aceptei o brinde e rachamos a tranquilidade e o confort do Airas. ( Sen sabelo fixémoslle caso a Michel Houllebecq)

Por Nós e polo Santo Cristo de Ourense.!.

Porén, eu sabia certamente que me mentía porque si teñen algo en común Manuel Jabois e o meu amigo. Os dous empregaron nun texto a expresión Que manda carallo na Habana!, titularon outro texto coa palabra ENCONTRO e o seu libro Irse a Madrid y otras columnas e a publicidade na que o meu amigo me escribiu o que me dixo aquela tarde do mes de xuño non acabaron na piscina de Francisco Umbral.

Non tiña auga.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.