Quen amaña isto?

O património arqueolóxico e etnográfico galego é inmenso, mámoas, dólmenes, petroglifos, muíños, horreos, pozos, cobertizos...

Os intereses privados alí onde se atopan, a perda de uso, e o roubo son perigos cos que se atopa este patrimonio e que o condena á desaparición. No caso dos bens arqueolóxicos, a explotacion ds mafeireiras no monte, os incendios ou o roubo de pezas para uso privado teñen causado grandes danos e destruccions xa irrecuperables. No caso do patrimonio etnográfico, ao ser moito de titularidade privada, as dificultades para a súa conservación nun casos e recuperación noutros son evidentes. Os propietarios xa non é que non invistan no seu mantemento, o estado dos muíños é na maioría dos casos, ocultos polos toxos e a silveiras...

No pensamento arraigado de non coidar o que hai pero tampouco deixar que se lle toque, ou tamén na complexidade da multipropiedade derivada de herdanzas, faise dificil intervir

No pensamento arraigado de non coidar o que hai pero tampouco deixar que se lle toque, ou tamén na complexidade da multipropiedade derivada de herdanzas, faise dificil intervir.

As administracións parecen mirar a outro lado. Hai patrimonio que os concellos aínda non teñen inventariado no PXOM, e moito menos señalizado para o seu coñecemento. Os cartos destinados a poñer en valor estes elementos como un importante recurso turístico e polo tanto económico son poucos, e por riba, a presión aos propietarios para a limpeza e mantemento das construccións é inexistente, ben por falta de ordenanzas coas correspondentes sancións ou pola nula aplicacion das mesmas. A tipica práctica de derivar as responsabilidades dunhas administracións a outras, as trabas administrativas, a falta de recursos e control levan anos condenando ao noso patrimonio á ruina física. As leis, aplícanse en moitos casos para sancionar agresións e menos ou nadade xeito preventivo.

A limpeza e consolidación de elementos, algúns en estado semi ruinoso, faise necesaria e urxente dada a situación de abandono e deterioro, e para eso a vontade politica e a aprobación de normativas acaídas a esta realidade son vitais.

Asistimos pasivos a un acelerado deterioro do noso património, que estando en moitos casos en propiedade privada, é de todos

O rural, cheo de tesouros que esmorecen con el enterra debaixo da vexetación o seu pasado, a súa historia e con ela o que somos sen o interese nin os medios económicos e politicos que o eviten. Asistimos pasivos a un acelerado deterioro do noso património, que estando en moitos casos en propiedade privada, é de todos.

Mentras, a pregunta é: quén amaña esto? A resposta está tan oculta como os centos de muiños cubertos polas silveiras...

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.