Vinte e dúas pilulas efervescentes e unha pílula pantasma

Erguinme e todo segue igual. O Tractatus sen ler.
*
A Armando Requeixo, lector de poesía.


Eu só leo poesía no punto verde. O anti-punto.
*
Non goberna nin no seu propio aburrimento. Free yourself!.
*
Non goberna nin no seu propio silencio. Poeta, Free yourself!.
*
Erguinme de novo e todo segue igual. O Tractactus sen ler
*
Soñei que acabei de ler o Tractatus e logo falaba do que non nace en min. A escrita.
*
-Es lector de Literatura galega?.
-Eu son máis de Zumba.
*
Atrapado na indiferenza do POEMA. O punto cero c´est moi. Non J.A Valente.
*
Atrapado na (in)definición do POEMA. O antipoema c´est moi. Non Nicanor Parra.
*
Atrapado na (in)comprensión do POEMA. O hermético c´est moi. Ninguén máis.
*
Por qué Jean Paul Sarte nunca se preguntou qué é un maxi-single?.
*
Para pensar, quen le hoxe a Pérez Encrish?
*
- Where is the Soul?.
- Déixate de lerias e vai por leite o supermercado.
*
Entrei na librería e pedín unha novela útil.
*
Levo cinco páxinas dos Elefantes de Riveiro Coello e non saio nela. Existencia liquida!.
*
Non levo nas costas o peso das palabras.
*
Na vida como na literatura todo depende do xurado.
*
Unicamente silencio e Tractatus. Agonía.
*
Negáronme a entrada no supermercado das palabras. A Poesía.
*
Por qué no Tractatus non hai silencio?.
*
E as palabras non viñeron e a cadeira quedou libre no café. Prefiren bailar cos poetas.
*
Os Flaming Lips esperan por Superman eu só polo silencio. E ti?.
*
A vinte e tres pílula non a hai, tomouna por erro o meu pai. Que mágoa!, era moi boa.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.