Xaque mate de Valonia ao CETA

A un dia do Consello Europeo no que agardamos sexa enterrado o Tratado Unión Europea-Canadá, o CETA, acaba de sair do forno agora mesmo o proxecto de declaración de Bélxica sobre o CETA, despois de días de tensión, presión e coacción sobre Valonia; un proxecto que ainda non está aprobado e que vai ser presentado mañá no Consello Europe. Máis claro auga, Bélxica non pode ratificar o CETA porque no nivel competencial no Estado Federal, non hai acordo. Imos debullar o tema para comparar con Galiza, onde no momento actual, un fito asi seria imposible por ter un sistema descafeinado e anquilosado, como acabamos de comprobar cando se tratan temas importantes.

O texto di: 

Bélxica aclara, que dacordo co seu ordenamento constitucional, o proceso de ratificación do CETA fracasou de xeito permanente e definitivo, no sentido de que os procedimentos existentes no sistema federal belga de asentimento tanto a nivel federal como a nivel de cada un dos Parlamentos das “Rexións” e “Comunidades”. No caso de que unha desas entidades federadas informe ao Estado Federal da súa decisión definitiva e permanente de non ratificar o CETA, o Estado Federal notificará ao Consello da Unión Europea o máis tarde nun prazo dun ano a contar da notificación, da decisión definitiva e permanente da imposibilidade de Bélxica de ratificar o CETA....

Salvo decisión contraria dos seus Parlamentos respectivos, a Réxion de Valonia, a Comunidade Francófona, a Comunidade Xermanófona e a Comisión Comunitaria Francófona aprobaron non ratificar o CETA sobre o sistema de regulamento de diferencias previstos no capítulo 6 do CETA...

Neste contexto, o Consello e os Estados Membros da UE deben de tomar un acordo común, e os Gobernos das entidades federadas de Bélxica, indican que polas materias relevantes das súas competencias exclusivas ou parciais no eido do sistema constitucional belga, deberon someter toda cooperación ou acordo ao acordo previo dos seus Parlamentos, igual que toda decisión regulamentar posterior”.

Voilà!! Bélxica é un Estado Federal composto de “comunidades” e de “rexións” tal como aparece o artigo primeiro da Constitución belga, e como estado federal disociado, no que as normas federais non son superiores ás das entidades que forman parte do sistema federal, reparte o poder de decisión non de xeito centralizado senon repartidos entre o Estado Federal, as tres Comunidades -flamenga, francófona e xermanófona- e as tres rexións- Flanders, Wallonie, Bruxelles Capital.  Estes tres niveis políticos con autónomos das súas competencias, que son moi importantes e son responsables no eido internacional; asi, as colectividades territoriais belgas poden representar internacionalmente ao Estado belga, e o que é máis importante en relación co CETA, son igualmente responsables da cooperación internacional, no que respeita á conclusión de tratados para as materias do seu marco de competencias proprias. Ou sexa, as competencias propias son prolongadas no eido das relacións internacionais e exércense no plano interno e externo. Xa dende a reformar de 1993 produciuse unha “descentralización da conduta de relacións internancional, con ampla soberania, exercendo “competencias exclusivas paralelas entre o Estado Federal e as entidades federadas”. Poden ademais, no Consello da Unión Europeo, estar Bélxica representadas por ministra/o federal ou rexional, sempre en concertación e cooperación

Que non conten milongas por toda Europa de que o Estado español é o máis descentralizado, porque ademais do vivido nas nosas Nacións sen estado, temos agora evidentes probas que cando estamos nun momento crucial de tratados leoninos que poden modificar o curso do sistema produtivo, servizos públicos e xa devaluadas competencias

Pois neste sentido, en base ás súas competencias internacionais, a Asamblea Parlamentar de Wallonie fixo un serio traballo de estudo do impacto socieconómico e medio ambiental do CETA, ao longo de dous anos, en 68 horas de encontros en varias audicións e debates con expertos de todas as áreas. O tema agrario como prioridade e observación. Non se fixo asi nin no Parlamento de Galiza, nin no Congreso e tampouco no Parlamento Europeo, onde “a gran coalición” vetou esta posibilidade.  Agora non estamos a falar do que os medios da prensa centralista afiman como “le veto de la Région de Wallonie, o veto da rexión de Valonia, senon hai que aclarar tamén nos medios de comunicación, e de aí a intención deste humilde artigo que non profundiza no contido do CETA pois diso hai abundante información e rios de tinta estes dias, senon da lexitimidade legal e política que Valonia  ten neste momento, igual que seu presidente que estivo á altura da defensa- tamén por unha cuestión de política interna belga-, pois Valonia exerceu súas soberania na conclusión de acordos internacionais, como cómpre, “comme il faut”, senon tamén do respeito que Bélxica, como estado federal ten ás competencias exclusivas paralelas. Igual que o que fai Rajoy, verdade?. Que non conten milongas por toda Europa de que o Estado español é o máis descentralizado, porque ademais do vivido nas nosas Nacións sen estado, temos agora evidentes probas que cando estamos nun momento crucial de tratados leoninos que poden modificar o curso do sistema produtivo, servizos públicos e xa devaluadas competencias.

Estes días as rúas de varias cidades belgas, foron un fervedoiro. Galiza debe observar estes movimentos europeos de toma de soberanía e aspirar a decidir, tamén no eido internacional. Para empezar sair ás rúas e esixir un debate público e parlamentar sobre as consecuencias do CETA, do TTIP, do TISA. Nós, galegas e galegos, como os valóns e valonas, tamén queremos decidir sobre as cousas de comer.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.