0 Gardados para despois

Alberte García Nespereira

A prima de (Vicente) risco

Nos últimos tempos a expresión prima de risco está en boca de todos. Tantas veces a levamos escoitado que xa é un concepto tan familiar para nós coma o de obxectivos de déficit, triple A ou hipotecas subprime. O problema da famosa prima, que o gran articulista do Deza José Luís Sucasas relacionaba coa familia de Vicente Risco, é que vai  referida sempre a un número, cada día máis alto, por certo.

Aquí é onde eu critico os medios de comunicación por alarmar inxustificadamente. Ó escoitar 500 puntos parece que a cousa é terrible (que o é); pola contra, se se falara dun 5%, con ser igual de grave, parecería menos dramática

A pesares de que todo o mundo escoitou falar dela, e incluso falou dela, aposto a que pouca xente sabería definir con precisión de que se trata: o diferencial que existe entre a rendibilidade do Bono alemán a 10 anos e o tipo de xuro da emisión de Débeda pública en cuestión (no noso caso, o tipo de xuro ó que o Tesouro Público español ten que pagar os seus bonos a ese mesmo prazo). En román paladino sería a diferencia a maiores que ten que pagar España os seus acredores porque estes se fían máis de Alemaña ca de España. E o normal sería expresar dita diferencia en puntos porcentuais, como se fixo toda a vida. É dicir, se o bono alemán a 10 anos se paga a un 2% e o de España a un 7%, deberíamos dicir que a prima de risco de España é de 5 puntos. Pois non. Levo tempo preguntándome por que se emprega outra nomenclatura que axuda a que a xente se asuste aínda máis. Agora está de moda empregar os puntos básicos, é dicir, os céntimos dun punto porcentual. No exemplo que acabo de citar (e que se aproxima bastante á realidade) dise que a prima de risco está en 500 puntos básicos.

Aquí é onde eu critico os medios de comunicación por alarmar inxustificadamente. Ó escoitar 500 puntos parece que a cousa é terrible (que o é); pola contra, se se falara dun 5%, con ser igual de grave, parecería menos dramático, sobre todo para esa xeración de persoas que viviron as altas taxas de xuro dos anos 80 e comezos dos 90.

Reclamo para os medios de comunicación un novo rol, aparte do de contar noticias (algúns tamén as inventan), que sería o de educar en temas que non son de dominio público pola súa complexidade ou por pertencer a algunha disciplina moi concreta.

Por tanto, eu reclamo para os medios de comunicación un novo rol, aparte do de contar noticias (algúns tamén as inventan), que sería o de educar en temas que non son de dominio público pola súa complexidade ou por pertencer a algunha disciplina moi concreta.

A min paréceme que na actualidade preténdese máis ben o contrario: que a xente teña tal barullo na cabeza que non sexa capaz de entender nin de lonxe o que está pasando, para beneficio dos políticos de turno e dos que continúan facendo negocio coa ruína dos outros.

Acerca de Alberte García Nespereira

Alberte García Nespereira naceu  en Ourense en 1980; estudiou Empresariais en Ourense e Económicas en Santiago. Dende o 2003 traballa nunha empresa viguesa adicada á pesca de altura no departamento financieiro, tanto no relativo ó comercio exterior como á xestión financiera e de impostos. O ano pasado rematou un Máster en Dirección económico-financieira.