É sanidade, señor presidente

O pasado día 26 de maio, nun diario madrileño, o presidente da Xunta teorizaba sobre sanidade. Suxería, máis ca probablemente, que a administración pública está correndo con determinados gastos sen motivo real, xa que non corresponden realmente ao servizo propiamente sanitario. De todas maneiras, a afirmación seleccionada como cita inicial deste escrito non é compatible coa que se inclúe debaixo. A iso quería eu referirme.

Persoalmente, tras vinte e tres anos de exercicio profesional, podo asegurar que un paciente non descansa se non ten cama cómoda e limpa; as infeccións aumentan se non hai hixiene; e a alimentación equilibrada resulta imprescindible para toda recuperación, incluída a dunha operación do corazón

A formación na profesión de enfermaría baséase en diversas teorías elaboradas desde o século XIX por enfermeiras experimentadas, entre elas Florence Nightingale e Virginia Henderson. Todas elas destacan como fundamentos da atención aos doentes tanto a hixiene coma a alimentación, dúas das catorce necesidades básicas formuladas por Henderson e que deben estar garantidas para todos os pacientes sen excepción nin distinción. Persoalmente, tras vinte e tres anos de exercicio profesional, podo asegurar que un paciente non descansa se non ten cama cómoda e limpa; as infeccións aumentan se non hai hixiene; e a alimentación equilibrada resulta imprescindible para toda recuperación, incluída a dunha operación do corazón.

Ocórreseme unha hipótese nada improbable: que pasaría se os hospitalizados tivesen que participar no financiamento dos seus 'gastos básicos de hospedaxe', expresión aproximada do sr. Núñez Feijoo nunha entrevista concedida á canle televisiva Intereconomía?: ou sexa, se tivesen que aboar gastos pola comida, hixiene persoal e facer a cama?; dígollelo eu: parte importante deles non terían recursos económicos suficientes para afrontar unha hospitalización media ou prolongada. Presumiblemente a hixiene do paciente e a súa alimentación serían deficitarias, e poderíase acabar nunha situación similar á de países subdesenvolvidos ou con graves problemas económicos, onde lles levan da casa comida e roupa da cama; ou realizando a colada en lavadoiros comunitarios dentro das instalacións hospitalarias.

É tan importante atender as necesidades básicas do paciente coma unha boa práctica clínica. Se desatendemos algún deses aspectos, a curación e recuperación non van ser posibles

É tan importante atender as necesidades básicas do paciente coma unha boa práctica clínica. Se desatendemos algún deses aspectos, a curación e recuperación non van ser posibles: polo tanto, son aspectos que forman parte do concepto complexo que constitúe a sanidade, e nun país europeo desenvolvido, no século XXI, non se deberían converter en materia pagable, ou sexa, non dispoñible de igual modo para todos. Como non sexa, permítaseme unha pequena ironía, que queiramos espertar a compaixón da directora do FMI.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.