Que ben vamos en Galicia!

Novas de algúns días a primeiros de Xaneiro:

1ª- A comunidade galega é a 2ª comunidade con maior número de falecidos en accidentes de tráfico no ano 2016, despois da comunidade valenciana, incrementándose  a mortalidade un 16%  mentres en España subiu o 2,6%.
2ª- Comezamos o ano na nosa comunidade co prezo dos carburantes máis elevado que no resto do Estado.
3ª- Os datos demográficos no 2016 en Galicia son insostibles, seguimos na cola de España e empeorando.
4ª Galicia é a comunidade onde houbo máis afogados, no mar e nos ríos, no pasado ano, despois de Canarias.
5ª- A afiliación á Seguridade social, no 2016, mellorou nesta comunidade un 1,86%, mentres no resto do Estado a mellora foi dun 3,1 %, e o desemprego no mes de Decembro aumentou practicamente só nesta comunidade.
6ª- Tamén foron inferiores, o ano pasado, a suba de soldos en convenio con respecto a media do Estado: 0.92% por 1,06%, e os importes ós pagos das pensións nesta comunidade seguen a estar tamén na cola.
7ª- O porto de Leixoes en Oporto crece por riba dos portos galegos no tráfico de contenedores, e o aeroporto de Oporto cada vez ten moitos máis destinos e pasaxeiros que os tres aeroportos galegos xuntos.
8ª- A saída do AVE de Galicia segue a retrasarse despois de múltiples promesas, e aínda non se prevé a data de remate.

Poderíase seguir citando novas negativas e tamén algunhas positivas: aumentaron as exportacións, sobre todo centradas en dúas grandes empresas, incrementouse o número de peregrinos a Santiago, aumentou o consumo, etc, de tódolos xeitos o balance é moi negativo, polo tanto, a Xunta de Galicia dirixida polo PP, debería traballar en mellorar a vida dos galegos e deixarse de tanta demagoxia propagandística.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.