Maltratadores de elite

Uxía decidiu que xa abondaba. O último ano fora o colofón a case unha vida de vexacións mais ou menos encubertas, de insultos e de evidentes infidelidades que descoñecía primeiro e tentou ignorar despois co afán de salvar o que pensaba que era amor e resultou ser o seu cárcere, a cadea que a amarraba dun xeito totalmente malsán non soamente a ela, senón tamén a s seus fillos.

Reunindo un valor que nin ela mesma sabía de onde o sacara, acudíu a pedir axuda, a denunciar a súa situación. Ese foi o seu primeiro e brutal encontro de bruzos cunha hipócrita realidade que lle dicía que cumpría calar a boca, que a súa ex-parella era un home deses “de ben”, e que a súa contorna profesional estaba ahí para pechar filas ao seu arredor, para agochar un dos delitos mais desprezables, o maltrato, e disfrazalo de virtude.

Uxía desistíu. Ela soa non tiña a forza  nin os recursos precisos para facerlle fronte a todo un muro de hipócrita silencio e dun corporativismo envelenado. Inútil. Ninguén a ía crer, e ainda menos apoiala.

O tempo veu demostrar o que era obvio. O inferno non soamente se mantivo, senón que o seu maltratador, envalentonado pola súa impunidade, intensificou o seu acoso e as descualificacións, os insultos e as ameazas máis ou menos sutís (para algo é un home “estudado”, sabe moi ben rozar o límite sen traspasalo nunca!).

O tempo veu demostrar o que era obvio. O inferno non soamente se mantivo, senón que o seu maltratador, envalentonado pola súa impunidade, intensificou o seu acoso e as descualificacións, os insultos e as ameazas máis ou menos sutís

A situación tornou demencial, insoportable. Uxía non podía mais é vía impotente, como non soamente ela, senón os seus fillos, convertidos, por mor da maldade do seu pai en mensaxeiros involuntarios e inocentes do seu odio, semellaban estar condenados a ser os xoguetes dun maltratador, pero un maltratador aceptado social, profesional e mesmo legalmente, porque nas leis tamén hai clases, e dependendo de quen a cometa, a violencia de xénero pode ser delito ou anécdota.

Un día alguien lle falou dun colectivo. Un colectivo que ten como única prioridade a loita contra a violencia de xénero, a axuda as súas vítimas, e para o que o maltratador é iso: maltratador. Así chegou Uxía a Si, hai saída. Si,hai saída non entende de clases sociais, nin de elites profesionais. Soamente entende e ten moi claro que quen maltrata ten que pagar o seu castigo, sempre, sexa quen sexa.

De novo esa lei honorable, ese sistema decente e esa sociedade politicamente correcta que sostén que os trapos sucios se lavan na casa, e que unha muller decente ten a obriga de aguantar e convivir coas “cousas de homes” lle lembraron que levaba as de perder, que ela era, é, a única culpable por visibilizar a súa situación, que ninguén ía poñer á súa carreira profesional en perigro enfrontándoos a alguén con nome.

Uxía estivo a piques de caer de novo, pero esta vez é diferente. Esta vez, Uxía, estamos contigo. Non imos permitir que o maltrato se poida inflixir con patente de corso por ser vos quien sois. Imos loitar xuntas e imos gañar, porque nós non facemos tratos co maltrato, nós non actuamos na procura de acadar os beneficios que proporciona situarse do lado “politicamente correcto”, non tememos a publicidade negativa, nin buscamos a quen nos enxalce. Buscamos a xustiza, traballamos para tentar que se imparta do xeito correcto, e así seguiremos. Para nós, Uxía, o maltratador é sinxelamente iso: un maltrador. E para nos, para Si, hai saída, non hai maltratadores de elite. Nunca!.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.