En Marea e o conflito positivo

Tíñamos na carreira de Psicoloxía varias asignaturas referidas ás Organizacións e ós recursos humanos, pero hai unha que sen dúbida cambiou o meu xeito de ver o mundo. Tal materia chamábase Psicoloxía do conflito e da Negociación e o seu profesor, o catedrático Gonzalo Serrano, explicaba cómo o conflito non é negativo, senón todo o contrario, o conflito é positivo, pois é un axente de cambio fundamental. O conflito ademáis é inevitable, pois é parte inherente das relacións interpersonais, é dicir, en tódolos espazos ónde hai persoas, véxase a nivel laboral, político ou incluso na propia familia, existe o conflito.

O negativo do conflito, non é por tanto o conflito per se, senón a mala xestión do mesmo. Do que se está a falar é de que existe un problema e cómo solucionalo. Dende este punto de vista, existen tres formas de abordar o conflito, a través da agresividade, da evitación ou da asertividade.

A evitación do conflito implicaría unha non xestión do mesmo, sería un deixalo pasar. O problema disto é que deixamos de tratar temas que son importantes

A evitación do conflito implicaría unha non xestión do mesmo, sería un deixalo pasar. O problema disto é que deixamos de tratar temas que son importantes, ou que cando menos son considerados importantes por persoas que compoñen o espazo, a evitación pode provocar que as persoas que o conformamos non nos sintamos cómodas ou escoitadas, ou incluso nos de medo opinar por temor a ser censuradas. Ademais se unha das partes en conflito opta pola evitación mentres a outra decide utilizar a agresividade, a través por exemplo dos medios de comunicación ou redes sociais, isto pode levar a unha descompensación de forzas, o estilo do que pasa en situacións de bullyng, nas que un agrede e o outro é agredido, ónde os dereitos ou os privilexios dunha persoa ou colectivo son exercidos en detrimento dos dereitos doutra persoa ou colectivo. Nestes casos, habería unha “resolución do conflito”, en canto este non existe pois se acatan as esixencias do grupo dominante, máis as consecuencias, como podedes imaxinar, son altamente negativas para o grupo ou persoas que optan pola evitación e, no que a Marea se refire, altamente negativas en canto a democratización do espazo.

A abordaxe agresiva, por outra banda, levaria consigo a utilización de insultos, vetos e, en definitiva,  agresións máis ou menos explícitas, a persoas ou colectivos. Tamén se atopan intimamente conectadas coa agresividade e coa mala xestión dos conflitos a definición das persoas como boas ou malas segundo estean ou non do noso lado, as definicións endogrupais, ónte se analiza como positivo todo o que fai o propio grupo e como negativo todo o que fai o grupo contrario, a esaxeración das diferencias, a polarización ou radicalización na toma de decisións, etc. Pero sobre todo, o negativo, dende o meu punto de vista, da abordaxe agresiva do conflito é que nos avoga a un resultado baseado no gañar ou perder, no que sempre unha das partes se sentirá derrotada, con todas as consecuencias negativas que isto conleva: posibilidade de ruptura, desafección co espazo e deterioro do clima organizacional.

Ser asertivo non implica estar de acordo pero si ser quen de poñerse no lugar do outro

Parece obvio, ou cando menos así o vexo eu, que, extrapolando estas cuestión a En Marea, optar por algún destes estilos de afrontamento non vai ter un resultado positivo, entendendo este, como aquel no que todas nos sentimos cómodas coa solución. E é por iso, que se nos remitimos á literatura científica esta recomenda a utilización dun estilo asertivo para a resolución de conflitos. A asertividade sería un punto intermedio, entre a agresión e a evitación, ónde nin se renuncia aos propios dereitos nin se machacan os dereitos do diferente. Dende o meu punto de vista esa é a folla de ruta pola que hai que optar e esa é a opción pola que optou a Coordenadora, con Luís Villares, Ana Seijas e Victoria Esteban cómo cabezas visibles, dende ónde se fan posturas de achegamento, se intenta integrar ás diferentes e se está disposto a renunciar a determinados privilexios, véxase concesións en canto a representatividade. A modo de exemplo, dúas cuestións, o cancelo utilizado #asumadocomún, lévanos a pensar que ninguén sobra e á vez todas somos necesarias, así mesmo, vense de anunciar o ditame con respecto ás emendas e todas elas foron plena ou parcialmente aceptadas.

Eu coido que aínda estamos a tempo de ir a un plenario de integración, na volta de utilizar posturas agresivas ou de todo ou nada. Ao fin é ao cabo, ser asertivo non implica estar de acordo pero si ser quen de poñerse no lugar do outro, respectar os dereitos dos demais do mesmo xeito que respectamos os propios, e ser quen de ceder para chegar a puntos intermedios onde todas gañamos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.