Ruralízate?

"O miragre da existencia diferenciada de Galiza, a través de tantos erros e miserias históricas, proba que do chan galego xurde unha enerxía incoercible, capaz de facernos inmortales"
       
         A.D. Rodríguez Castelao


É unha evidencia histórica que a dereita española nunca soubo moi ben que facer co territorio en Galiza. No ámbito temporal máis achegado ós nosos días cómpre salientar que a mediados dos anos noventa, o propio Manuel Fraga vaticinaba que das 42.000 explotacións lácteas galegas "en dez anos non quedarán nin 15.000". No ano 2000, pechaban ó día 42 explotacións agrarias e hai sete anos, o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, aínda defendía que "parte das explotacións deberían pechar, para beneficiar ó conxunto". Diante destes feitos non é esaxerado afirmar que a dereita encarnada no Partido Popular nunca tivo clara cal é a función estratéxica do noso rural.

Os incentivos para o abandono das explotacións agrarias inzaron como unha flor de veleno por todo o campo galego no albor do novo milenio: xubilacións anticipadas, cesión de cotas ou directamente entrega das mesmas ó Estado. Estes foron os bisturís dunha amputación perversa

Os incentivos para o abandono das explotacións agrarias inzaron como unha flor de veleno por todo o campo galego no albor do novo milenio: xubilacións anticipadas, cesión de cotas ou directamente entrega das mesmas ó Estado. Estes foron os bisturís dunha amputación perversa baseada no sofista "temos que ser como Alemaña, que só emprega ó 2% da poboación no sector primario".

Deste xeito, os votantes do Partido Popular – consciente ou inconscientemente- sostiveron e animaron coas maiorías absolutas que outorgaron ó invernal "león de Vilalba" un novo xeito de exterminio: pagábase por deixar as granxas, subvencionouse durante décadas o traspaso da cota leiteira, incentivouse con miles de millóns das antigas pesetas primeiro, e logo cos recén acuñados euros, todo tipo de políticas de despoboación do mundo rural galego. Un territorio caracterizado pola poboación dispersa dende hai 2000 anos e que nada tiña a ver na súa relación co entono coa expansión e contracción de determinados parámetros económicos.

E con toda esta errada meta nunca fixeron caso das voces que alarmaban e advertían da política autoxenocida que levaba a Galiza cara a extinción. Voces como as que elevou o BNG en reiteradas ocasións en todos os foros posibles: no Parlamento, nas rúas nas Asembleas de agricultores, nos escritos e nas campañas electorais.

Agora, tres lustros despois -concretamente o pasado 22 de marzo- o primoxénito herdeiro da casa Fraguista, Alberto Núñez Feijóo, apresurado pola sangría demográfica galega, anunciou unha mudanza nas políticas públicas respeto ó campo galego e a inversión de 230 millóns de euros en "23 políticas activas" – dixo- que entre outras cousas procuran a "industrialización do agro galego" (sic) é dicir: reforzar o proceso histórico que, precisamente, foi reducindo cada vez máis a despoboación.

Na derradeira escena do filme "Amadeus" un demente Antonio Salieri pronunciaba aquela inesquecíbel frase de "mediocres do mundo, eu absólvovos!". A campaña "Ruralízate" da sucursal da dereita española quere ser a absolución dos frouxos, a venda na ferida de décadas de incentivo do abandono, do exterminio

A cara visíbel deste xiro copernicano de timón é a campaña "Ruralízate". Na mesma, con sinxelo grafismo (" - din que temos unha terra rica coma ningunha. - Home, a terra non a probei, pero vendo as patacas que saen dela....") a Xunta de todas as galegas e galegos animas, presuntamente, a voltar á terra as/ós milleiros de fillas/os que se esforzou durante anos en botar dela.

Na derradeira escena do filme "Amadeus" un demente Antonio Salieri pronunciaba aquela inesquecíbel frase de "mediocres do mundo, eu absólvovos!". A campaña "Ruralízate" da sucursal da dereita española quere ser a absolución dos frouxos, a venda na ferida de décadas de incentivo do abandono, do exterminio; que representa a ausencia absoluta de coñecemento do medio, Galiza, e do seu destino e posibilidades de que fixo, fai e fará o pensamento do Partido Popular.

O mesmo pensamento e o mesmo caso foi o derradeiro galo do monte de Galiza, abatido por Fraga nos Ancares a principios dos oitenta. Este feito, lonxe de ser agachado con vergoña foi cacarexados polos autofalantes da dereita como unha fazaña digna do grande lider, ao que todo se lle ensalzaba e ó que todo se lle perdoaba.

En Galiza, tócanos a todas e todos facer de conciencia colectiva para evitar o esquecemento de que os poderes públicos induciron e forzaron, durante varios decenios, o éxodo rural, que agoran tratan de agachar coa cortina da campaña "Ruralízate". É, polo tanto, momento de estar atentas/os ós resultados da millonarias campaña e tócanos a todas/os non esquecer, aínda que só sexa por aquilo de non quedar condenadas/os a repetir a historia.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.