0 Gardados para despois

Marta Rodríguez Engroba

Sara: cando o sistema mata

Sara tiña tan só catro anos, pero viviu o tempo suficiente para saber o que é o horror, a barbarie e a crueldade máis atroz.

O seu corpo deu testemuña do seu sufrimento, un sufrimento que, malia ser evidente, un sistema totalmente inhumano, que non se inmuta ante a dor e o salvaxismo, nin sequera do inflixido a unha criatura,  sigue impasible o seu correcto e medido itinerario.

Un pediatra deu a voz de alarma, o que provocou que se activase o protocolo, e desde ese momento, unha burocracia rocambolesca, que é sostida, ademais por auténticos expertos en pasarse a pelota unhos a os outros e buscar ese matiz, por ínfimo que sexa, que lles proporcione a excusa precisa para soltar eso de “a nos non nos corresponde” , obviando que en moitos casos hai vidas en xogo, algo que ignoran con fría indiferenza, porque, xa se sabe que hai que levar todo “polo libro” e non sairse de ahí, non vaia ser que supoña un esforzo extra, máxime en certas datas nas que ninguén está pola labor de traballar mais alá do estrictamente necesario, e eso se non hai outro remedio, asinou coa súa ineficacia a sentenza de morte para Sara.

Xulgado, Decanato, Fiscalía de Menores e a Xerencia de Servicios Sociais, foron, desde que o atestado policíal comezou a circular, pasándose a pataca quente de man en man, demorando algo que era moito mais que urxente, xa que era  evidente que algo grave lle estaba acontecendo a Sara, nun indecente periplo que se prolongou durante vintedous días, entre outras cousas porque, por exemplo, o día 21 de Xullo, a Xerencia de Servicios Sociais, a quen a Fiscalía de Menores derivara o caso, atrasou tres días a entrevista coa nai de Sara.....por ser Venres!, e xa se sabe, os Venres hai que pechar o chiringuito ben puntuales ou antes se é posible, e estar a o que  hai que estar: a vindeira fin de semana.

Que unha vida corra peligro, mesmo se é a de unha nena, non ten a importancia nin a enxulla suficiente como para alterar un ritmo pausado, sen sobresaltos, e correcto, moi correcto. 

As veces hai sorte, e non pasa nada. O Luns, xa ben relaxadiños, vaise collendo de novo o ritmo, sen agobios, por suposto, e xa se vai vendo. Pero esta vez foi diferente. Sara non puido aguantar mais, e, entre todos, Sara foi asasinada.

E digo entre todos porque a Sara non a mataron soamente os presuntos culpables, súa nai e a súa parella, senón cantos, coa súa macabra desidia, con esa indiferenza coa que se tratan en demasiadas ocasións os casos de malos tratos, participaron e perpretaron o seu sufrimento primeiro e o seu tráxico final despois.

Minutos de silencio, días de luto, tentan agora maquillar a tremenda realidade: que os malos tratos son algo secundario para a lei, para a xustiza, para o sistema en xeral, e se van deixando na trastenda mentras chega o momento de atendelos....se é que chega.

Non quero rematar sen aludir a o chamamento do alcalde en funcións de Valladolid, Manuel Saravia,  a unidade das asociacións, institucións e cidadanía para evitar que este tipo de sucesos se repitan.

Lamento dicirlle, Sr. Saravia, que o papel das asociacións nestes eidos adoita a ser bastante infravalorado, malia que as veces fagamos un traballo polo que outros cobran, algo que mesmo molesta porque deixa a vista mais dunha evidencia, a menos, eso sí, que sexas un colectivo deses que levan a práctica o de :” o que a boa árbore se achega....”, ou dito doutro xeito, se adhira a o sistema, e non teñan reparo en ser cómplices se isto implica obter algún beneficio, porque, malia que de boca para fora prediquen o contrario, e mal que lles pese, quen cala, quen olla a outro lado.....otorga e consinte, convertíndose, porén, en cómplices.

Acerca de Marta Rodríguez Engroba

Presidenta da asociación lucense Si, hai saida contra a violencia machista