Supoñamos

Supoñamos que os cataláns tomaron a opción da independencia unilateral, tan extrema, incluso suicida, totalmente decididos a conseguila como sexa ou  morrer no intento, dito alegoricamente claro.

Supoñamos que conseguen  celebrar, dalgún xeito, o referéndum de secesión. 

Supoñamos que formulan a desconexión catalana e resulta que teñen amañados todos os mecanismos correspondentes á administración, economía, política, cultura, sociais, fiscais, educativos, sanitarios, seguridade social, pensións, etc, para funcionar con efectividade nun estado repúblicano independente.

Supoñamos que o goberno da Generalitat ignora os mandatos do estado español e comeza a gobernar de seu, sabendo perfectamente que os Mossos D´esquadra están ao seu  seu servizo de seguridade e non pode haber detencións pola súa parte.

Supoñamos que o goberno estatal utiliza todos os medios legais para impedilo con inhabilitacións multas, encarceramentos, incluso chegando a anular a autonomía.

Supoñamos que se inicia unha desobediencia civil en base a que a actuación do goberno central resúltalles inadmisible e saen á rúa un millón de homes e mulleres desarmados e pacíficos invadindo os puntos neurálxicos de Barcelona impedindo as detencións.   

Supoñamos que ao goberno central o único que lle queda para salvagardar as súas leis é a presión física e polo tanto decide enviar ás forzas armadas nas súas diferentes versións para rematar coas súas vulneracións.

Supoñamos que se inícia masivamente pola cidadania catalana unha “revolución amárela”, como fixeron os ucraínos a revolución laranxa ou os árabes as súas primaveiras que derribaron aos seus gobernos, e póñanse diante das forzas policiais ou militares..

Supoñamos que loxicamente as forzas armadas non disparan pois están creadas para facelo contra outros uniformados armados inimigos e non contra civis desarmados amigos.

Supoñamos que hai centos de xornais e TV de todas partes ollando e dando as noticias a todo o mundo.

Supoñamos que Kosovo amolado porque España non o recoñeceu como estado independente, como si  fixérono outras nacións europeas e de todo o mundo, recoñece a Catalunya, e con este precedente anima a algún que outro país latino-americano, asiático, ou africano tamén a recoñecela, e postos xa, que Rusia amague con recoñecela  para poñer nerviosa á Unión Europea.

Supoñamos que toda esta situación de militarización de Catalunya provoque movilizacións populares por toda Europa de protesta e a favor dos cataláns.

Supoñamos que a vista dos acontecementos Merkel e Macron decidan tomar cartas no asunto e falen con Rajoy para buscar unha solución que non sexa humillante para ningunha das partes

Entón, se todo ou caseque todo isto sucede, que saída hai?

Pois vexo soamente unha. Que o parlamento español legalice o referendum catalán, como fixo o Reino Unido no caso de Escocia, co cal salvagardaría a súa legalidade estatal, realícese un novo referéndum en perfectas condicións e que  Rajoy ofreza unha novena á virxe dos desamparados para que gañe o voto non á independencia, tamén como en Escocia.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.