C7H5N3O6

C7H5N3O6

Son acaso a urnas de trinitrotolueno? Parece ser que en Cataluña si o son, ou polo menos algúns así o pensan. É certo que o camiño elixido podía ser outro, é certo tamén que as posicións de máximos das ideas encontradas non axudan. Tamén é unha realidade que  percíbese un certo cheiro a que ninguén está a poñer toda a carne na grella para encontrar camiños intermedios. Está moi claro que estas posicións retroalimentadas son moi  boas para  dogmas e para os extremistas políticos de cada bando.

As urnas non deben ser un problema, é máis, teñen que ser a solución, o que pasa é que igual a ningún chegados a este punto lle convén esa votación, é máis doado vivir na crispación e no enfrontamento.

Non somos capaces de mirar a outros lares, non somos capaces de facer maior o noso sistema democrático. Considero que dende o inicio tíñase que facer política, facer un camiño de pedagoxía e de información por parte e parte, sen trampas e con dignidade, e despois poñer urnas de metacrilato e que cada quen expresase a súa vontade.

É preciso tamén saber de onde procede todo este caos xerado, procede da floxeza de ZP e do inmobilismo do rancio PP, cando atacaron de moitas formas a reforma do Estatuto Catalán, axudou tamén a fuxida cara diante dunha CIU cercada pola corrupción e o esperpento, xa se vía que o caldo non ía ben, tiña camiño de acedarse.

É difícil non caer no dogma e na demagoxia, pero a mellor solución hoxe en día e buscar un camiño político intermedio, que o pobo catalán respalde. Convén de xeito firme aprender que as ferramentas que temos do 1978 non solucionan a realidade actual, o marco xurídico de construción do estado que  está vello e  obsoleto, foi feito nunha realidade distinta, nunha realidade que moitos nin coñecemos e que non temos que aceptar, o café para todos ...

Fai falla avanzar nunha construción europea de pobos, de realidades e sentimentos, a configuración dos estados actuais non vale. Non se pode ter medo a avanzar. Cómpre dialogo, construción e xenerosidade, compre pensar nas persoas e non só en votos e partidos,  por iso o camiño catalán  pode estar errado e non chegar á maioría precisa para cambiar as cousas, sinto dicilo pero aquí non vale o 51%, iso non representa unha necesidade, iso é unha vitoria pírrica.

Ó final só se trata de democracia, democracia de diálogo de rumbo e tamén de urnas que non son TNT, as urnas son do pobo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.