A voltas coa tesoira

“A cultura é o que na morte continúa sendo a vida”. Persoalmente, estas verbas de André Malraux reflicten moi ben as consecuencias positivas dunha axeitada formación individual, e ao mesmo tempo en conxunto, de cada un dos cidadáns os cales forman a sociedade dun Estado soberano. Pero nestes tempos nada doados, os obxectivos éticos de cara a felicidade persoal retórcense coma nunca.

O ministro Wert proclama “por este ano” a fin das axudas a tradución de libros entre linguas cooficiais, pero mantendo os subsidios as linguas estranxeiras cun recorte dun 65%

A última decisión do Ministerio de Educación e Cultura por medio do seu titular José Ignacio Wert, noutros tempos docente universitario e tertuliano televisivo “eternamente” independente, supoñen un golpe cunha boa maza para rematalo machetazo que a actual conxuntura económica está a propinar en tódolos eidos, especialmente neste eido que nos atinxe como é a riqueza na diversidade cultural do Estado. Así, cunha comparecencia moi simple ante os xornalistas acreditados e ao tempo que rozando a carencia de transparencia institucional, o ministro Wert proclama “por este ano” a fin das axudas a tradución de libros entre linguas cooficiais, pero mantendo os subsidios as linguas estranxeiras cun recorte dun 65%.

Este tipo de actuacións, ao menos no caso do titular da carteira de Educación e Cultura, engrosan as vitrinas que conforman o gran palmarés de “triunfos” que leva o actual poder executivo

Este tipo de actuacións, ao menos no caso do titular da carteira de Educación e Cultura, engrosan as vitrinas que conforman o gran palmarés de “triunfos” que leva o actual poder executivo, herdeiro do anterior goberno inquilino en Moncloa. Herdeiro cun ánimo de poñer en práctica as súas políticas do modo máis eficiente posible. É dicir, mediante actuacións que se recollen no caderno de bitácora da viaxe a ningures que dende hai tempo nos levan tanto no seu momento o goberno ZP coma o actual goberno Rajoy (espero equivocarme, pero polo ben de todos nós), e mesmo o goberno Núñez Feijoo, o cal estará en poucos meses inmerso en campaña electoral. Todo obstáculo a difusión da cultura galega é algo enteiramente reprobable.

Resulta un pouco gracioso que aqueles que participaron durante a primeira lexislatura do goberno Zapatero en máis manifestacións que o Cojo Manteca (d.e.p.), organizando incluso un acto solemne no centro de Madrid en “defensa da Constitución Española”, rexeiten agora aplicar os principios constitucionais non só en política social, senón tamén en política cultural, obviando o mandato que a Carta Magna recolle no seu artigo 3.3, o cal posiblemente no conxunto de España aínda non rematamos de saber do seu sentido tanto nós coma a nosa clase política gobernante.

Aristóteles estableceuno ben claro: “Non se pode ser e non ser algo ao mesmo tempo baixo un único aspecto”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.