0 Gardados para despois

Marta Rodríguez Engroba

Os rendementos do 25N

Xa está, xa pasou o 25N, e, o mesmo que despois de todo acontecemento que se prece, toca avaliar e recoller os restos do “sarao”, e malia que poida semellar que este non sexa o termo mais adecuado para definir o acontecido nesa data, o certo é que o utilizo deliberadamente e convencida de que, nunha gran parte dos casos, é o que procede.

Durante os días precedentes, comezan a xurdir os anuncios das accións de ensulla que se irán sucedendo en orde de importancia, para culminar no estalido final do día D coa aparición na escea  daqueles e, principalmente, daquelas, que se considera que acumulan os méritos precisos para ocupar a “pole position” no podio da solidaridade, da implicación e mesmo do sufrimento, porque tamén do sufrimento é posible, e de feito hai quen o sabe ben, sacar proveito.

Partidos políticos, institucións, aspirantes a formar parte duos ou doutras, algún que outro colectivo que fica adormecido o resto do ano ou facendo os mínimos movementos imprescindibles para lembrar que segue ahí, agardando a ocasión de lucirse de novo e xustificar que as súas arcas sempre esten cheas dabondo, certos medios de comunicación, etc, etc, se afanan para que o vintecinco de Novembro, o día en que se supón  lembramos as mulleres asasinadas por mor da violencia machista, lles proporcione o remanente de lucemento e de lustre social e mesmo político que irán tentando manter ata o oito de Marzo, a data na que de novo  se lles administrará a segunda dose de “empoderamento”, ese concepto que manexan tan ben, sobre todo para si mesmos, e que lles asegurará a súa destacada posición ata o vindeiro ano, sen que se volvan a lembrar desas motivacións tan “profundas” que lles xurden dúas veces cada trescentos sesenta e cinco días.

Por se esto non abondara, está comenzando a xurdir unha nova figura, que, ben empregada, podería servir de estímulo para que algunha muller maltratada se decidira a tentar sair do seu inferno, pero da que se está a facer, nalgunhas ocasións, tan lamentable espectáculo, que o único que se está a conseguir é que a violencia de xénero se lle conceda cada vez menos importancia e se considere pouco menos que como a tolemia  dalgunhas mulleres que teñen o que merecen.

Estou a referirme a algunhas mulleres, e subliño o de “algunhas”, porque nin debo nin podo xeralizar, que dicindo ter sido vítimas de violencia de xénero, aproveitan esta sinalada data para ter o seu momento de gloria e facer, non sei se mal aconselladas ou estimuladas pola erótica da fama, malia que sexa efímera, dunha desgraza tan sangrante como son os malos tratos, relatando a súa experiencia en múltiples eventos ou facéndoa chegar ao público por outros cauces, deixando perplexo a mais dun nalgún caso ante a actitud perfectamente controlada e relaxada que adoptan contando auténticas aberracións sufridas na súa pel, ou noutros mesmo facendo espectáculo e, porén, caixa co sacrificio que din lles supón revivir o inferno que padeceron.

Isto resulta, ou mellor dito, resúltame -que non quero dar voz a niguén que non desexe manifestarse abertamente, malia que si o fagan as agochadas- como mínimo sorprendente cando algunha destas experiencias son relativamente recentes, porque, unha de duas, e sempre na miña opinión,insisto, ou teñen unha capacidade de recuperación fora do común ou os posibles beneficios que agardan acadar como resultado da súa exposición pública exercen nelas un efecto relaxante, case máxico, que as fai falar do seu calvario como quen fala do que se vai levar a vindeira tempada.

Eu non son psicóloga, nin tampouco ningunha autoridade na materia. Os meus únicos “méritos” son ter sido vítima e o contacto diario con mulleres que tamén o son, e, sinceramente, algo non me cadra.

Non censuro que unha muller que foi maltratada decida relatar a súa tremenda experiencia, faltaría mais!. Eu mesma o fago nalgunha charla das que imparto, pero, precisamente por eso, algo me rechía.

Eu fun maltratada hai moitos anos e podo asegurar rotundamente que non é doado falar do tema. Se  me decidín foi, por unha banda porque, como digo, xa pasou moito tempo e, lóxicamente, éste foi proporcionándome, pouco a pouco, a curación que precisaba,  e, por outra, porque penso que pode servir de axuda para que algunha muller vexa que é posible sair do cárcere da violencia de xénero, pero o que nunca fago nin farei e pretender erixirme en heroina, lanzando as veces unhas mensaxes non moi oportunas, e moito menos ainda obter algún beneficio económico ou doutro tipo mercadeando coa dor.  

Poida que eu peque de inxenua, seguramente, pero non son quen de que me entre na cabeza que algo tan tremendo como é vivir no terror mais absoluto se convirta en negocio, e dos que funcionan, ademais, para quen dí telo sufrido.

Menos entendo ainda que esto se faga no nome dos fillos. Para min, e falo como nai, non hai cartos no mundo que compensen o sufrimento que meu fillo sentiu.

E se algo me supera xa por completo é que non soamente ninguén semelle decatarse de tan descarado manexo da dor, senón que aqueles con peso para frealo se unan ao espectáculo e o fomenten, non tendo reparo mesmo en sair na foto co pano nos ollos, porque xa se sabe, a desgraza vende, e, quen sabe, sempre pode supoñer algún voto ou algún outro beneficio, sexa da índole que sexa.

O peor de todo esto é que esta falta de escrúpulos tan flagrante, este indecente mercadeo da pena, trae como consecuencia que a loita contra a violencia machista, a de verdade, sexa desvirtuada e mesmo se chegue a tomar pouco menos que como unha broma e que a credibilidade de quen a sofre sexa cuestionada.

É innegable que na loita para tentar erradicar a violencia de xénero queda un longo camiño por percorrer, pero, por se non abondaran os atrancos que en non poucas ocasións semellan ser insalvables, entre eles que as propias vítimas sexamos cuestionadas, temos que engadir o lixo que votan enriba dela aqueles  que  non teñen nin o mais mínimo reparo en facer da barbarie negocio xogando cos sentementos de quen, polo menos inicialmente, non poden por menos que crelas e sumarse a súa suposta dor, que non digo que non tiveran nalgún momento, seguro que si, pero que, dalgún xeito, non sei cal, porque eu nunca sería quen, souberon, habilmente, transformar nun proveitoso negocio, cando non no seu medio de vida.

Pasar páxina é bó e necesario. Hai que seguir adiante, eso é obvio, pero cando unha muller vive algo tan tráxico é case inevitable que algunha pegada quede para sempre na súa vida, por moi ben que xestione a súa dor e por moita axuda que teña, por iso, como vítima, como muller que viviu o inferno en primeira persona e escoita e comparte o de moitas mulleres nunca serei quen de entender, de disculpar e moito menos de perdoar que se faga, de tanta dor, negocio.

A violencia de xénero está a cobrarse moitas vidas, non soamente de mulleres, senón tamén de nenos e nenas. Empregala como ferramenta no propio beneficio e, para min, o mais indigno que ninguén pode chegar a facer, e mais ainda se quen o fai manifesta ter sido vítima, sexa na data que sexa.

Teñen todo o dereito, por suposto, claro que sí, e, por outra banda os escrúpulos, a dignidade, son algo que se ten.....ou non.

Acerca de Marta Rodríguez Engroba

Presidenta da asociación lucense Si, hai saida contra a violencia machista