A Consellería de Política Social desequilibra os e as traballadoras da Xunta

Aproveitando a crise económica -que realmente foi unha estafa- a Xunta do Partido Popular decidiu aforrar diñeiro público a costa dos Servizos Sociais Públicos; rachou o Convenio unilateralmente e creou no DOG do 2 de marzo do 2012, a chamada LEI DE MEDIDAS TEMPORAIS pola cal fixo todo tipo de recortes que afectaron e afectan a tod@s @s empregad@s públic@s -recortes nas pagas extras, penalización económica por estar de baixa, perder a maioría de días de asuntos propios, traballar máis horas.....-, e moi especialmente ao persoal laboral que traballa a turnos, a quen arrebatounos o artigo 19 do Convenio que garantizaba os descansos semanais, e por traballar domingos e festivos.

A TOTAL FALLA DE SENSIBILIDADE PROFESIONAL E HUMANA

O extraordinario do caso era que a executora era a Consellería chamada de Traballo e Benestar -DE PARO E MALESTAR- rexida por unha persoa sen alma que impuxo un sistema esclavista de traballo, pero con moita ambición de ser raiña e alcaldesa de A Coruña no 2019.

As traballadoras e traballadores actuais, e quen nos xubilamos, nunca esqueceremos a Beatriz Mato, incluso, cando, para calmar os ánimos diante de tanto malestar, FRACASOU, E FOI CESADA -pasou a Conselleira de Medio Ambiente- e ocupou o seu lugar o ex alcalde do Partido Popular en Ferrol -Jesús Varela Rey- que quixo calmar ánimos imposibles de calmar, creando algúns postos de traballo, que só aliviaron algo pero era tan grande o dano feito, tan insoportable QUE POUCAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES TEÑAN QUE FACER TANTO TRABALLO, que Jesús Varela Rey é un patético seguidor da mesma política do seu máximo xefe Alberto Nuñez Feijóo.

AS MEDIDAS TEMPORAIS SON ETERNAS

No DOG do 2012 aparece que que AS MEDIDAS SERÁN REVISADAS NUN PRAZO DE DOUS ANOS EN FUNCIÓN DO CRECEMENTO ECONÓMICO. E para deixar claro que mandan eles, non só non revisan nada senón que alardean de que Galicia medra. Pero a realidade é moi distinta.
SE GALICIA MEDRA, POR QUÉ AUMENTA O PARO?

Por qué publicaron os fascículos chamados Ofertas de Emprego Público nos anos 2016 e 2017 e teñennas paralizadas?
Por qué acaban de publicar o terceiro fascículo e anuncian unha OPE para o 2018 que ía ser de 14.750 prazas e só van ser 790 prazas para Administración Xeral, que, en realidade, serían 414 prazas porque as prazas de consolidación e promoción interna non contan a efectos da taxa de reposición de efectivos?
Por qué non convocan xa o Concurso de Traslados do Persoal Laboral?
Por qué teñen tan pouca baixeza moral?.

UNICO GOBERNO AUTONOMICO QUE PERDEU TRES CONFLITOS COLECTIVOS SEGUIDOS
Se non fora pola gravidade das consecuencias dunha política tan inhumana -cas traballadoras e traballadores pero tamén cas persoas atendidas que merecen o millor- até podíamos dicir que hai cousas que o suxeito apodado “Luís o cabrón”, ou o suxeito coñecido agora como “M.Rajoy” non o farían peor.
Pero a raiña que agora quere ser alcaldesa de A Coruña rebasou todos os límites.

Un traballo que xa era duro de por sí até o 2011, convertíronno en esclavista facendo traballar á xente sete días seguidos, tres noites seguidas, un descanso semanal de cada tres, quitando o 75% de tempo de descanso por traballar en domingos e festivos. E foron denunciad@s na rúa -anque debilmente-, e foron denunciad@s xudicialmente polo Comité de Traballo e Benestar de A Coruña quen lles prantou tres Conflitos Colectivos que perderon todos -2013; 2014 e 2015-, e con frases durísimas nas sentenzas tales como que a Administración volveu incidir e reiterar a actitude do ano anterior de non efectuar unha verdadeira negociación senón impoñer unilateralmente unhas carteleiras que, ademais, eran DESEQUILIBRADAS.

Por tres anos seguidos, todo un Tribunal Superior de Xustiza de Galicia calificou de dictadora a política da conselleira Beatriz Mato.

Pero hai partidos que cando teñen maioría absoluta, e son amig@s dos ric@s, aplican unha política despóstica que consiste en favorecer ás empresas privadas dos seus amigos a costa de empobrecer os Servizos Sociais Públicos, regalándolle -un exemplo entre 50.000- máis de 4 millóns de euros á empresa amiga Amicus que montou un super Centro en Boiro, cando nos Centros Públicos escatiman o máis elemental, e o peor, causando un dano físico e moral até o punto de que a Consellería de Política Social -segundo os datos da propia Xunta- acumula o 45% dos accidentes laborais de toda a Xunta de Galicia, dos cales, practicamente a metade débense a causas derivadas directamente do sobretraballo e sobreesforzo.

E A CONSELLERÍA QUE SIGUE A PORTARSE IGUAL CAS CARTELEIRAS
É acumulación tras acumulación.
É provocación tras provocación.
É desprezo tras desprezo.

Prometen funcionarizar e, de facelo, sería a costa de precarizar o traballo poñendo en perigo a centos de persoas temporais.

Pretenden refundir Categorías para lograr meter de que cada Categoría faga un pouco de todo.
E nada cambia. Todo sigue igual. O mesmo que nos anos pasados. Xa estamos a mediados de decembro e aínda as traballadoras e traballadores non teñen a súa carteleira do próximo ano e saber cando toca traballar e cando descansar, e algo peor, entregan unhas rodas matrices de cada Categoría que impide saber se o traballo -e o descanso- é equilibrado, ATE QUE OS SINDICATOS DESENVOLVEN UNHA MATRIZ E COMPROBAN QUE SON DESEQUILIBRADAS.

O que significa que a Consellería DESEQUILIBRA ás traballadoras e traballadores.

Qué ocorre?. Que hai un malestar impresionante que non se sabe o que vai ocorrer exactamente. De todos modos, a responsabilidade, a culpabilidade da Xunta non exime a responsabilidade colectiva sindical, e a responsabilidade individual de cada traballador e cada traballadora.

Eu, que traballei sindicalmente dunha maneira activa dende o ano 2000 até que me xubilei, dábame antes e dáme agora, mágoa, e dáme rabia, que haxa pouca unidade sindical e pouca puxanza sindical, e que haxa demasiados traballadores e traballadoras conformistas, o que provoca unha espléndida pescadiña que se morde a cola.

E tamén teño que dicir que non entendo como dos partidos da oposición, só En Marea é o único que ten presentado xa catro iniciativas lexislativas, tumbadas todas por unha apisonadora que ten a favor unha maioría absoluta froito dun aparello histórico caciquil impresionante, imbricado nun importante sector de xente que é conservadora; que é o partido apoiado polo poder económico galego e español, o que significa que conta co apoio do 95% dos medios de comunicación galegos, aos cales a Xunta regálalles unha cantidade de diñeiro impresionante, o que, a súa vez, inflúe moito en moita xente.

Fronte a este panorama dun inimigo político poderoso, resulta patético, descorazonador, o tremendo conflito interno -e externo- que hai en En Marea, por non saber compartir o poder; por non querer dirixir colectivamente a unha Organización que sacou 14 deputados -5 máis que AGE- e 70 mil votos máis, que era a esperanza e que neste momento non o é, o cal non quita, e até ten máis mérito, que a Coordinadora, o Grupo Parlamentar Galego e o Grupo Parlamentar Estatal estean como dende o principio.

Loitando na rúa ca xente afectada, e loitando nas Institucións.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.