0 Gardados para despois

Manuel Monge

Final de campaña electoral en Cataluña e nomes propios

Conclúe esta campaña dunhas eleccións convocadas polo Goberno do PP en aplicación do artigo 155 da Constitución –un autentico golpe de Estado, que desmantela o autogoberno de Cataluña, con dirixentes políticos no exilio ou en prisión– cunha gran mobilización cívica e con nomes propios, que tiveron un importante protagonismo. 

O primeiro que chama a atención é que a pesar de que todas as enquisas publicadas dan practicamente como imposíbel a constitución dun goberno unionista ou do 155 – Ciudadanos, PSOE e PP suman sobre 60 deputados, cando a maioría absoluta son 68– case todos os medios de comunicación subliñan, sorprendentemente, que estamos ante un fracaso do soberanismo ou dos partidarios da independencia.

Non foi moi difundido que máis de 120 xuristas e catedráticos denunciaron que a aplicación do 155 é inconstitucional porque ese artigo da Constitución non permite o cese dun Goberno en pleno, nin a disolución do Parlamento de Cataluña, como fixo Rajoy. A autonomía é un dereito que recolle o artigo 2º da Constitución e non poder ser obxecto de transferencia ao goberno central.

Que medios difundiron o “Concerto pola Liberdade”? Celebrouse o pasado 2 de decembro no Estadio Olímpico Lluís Companys, convocado pola Asemblea Nacional Catalá, e a recadación das 45.000 entradas vendidas foi destinada ao pago de multas e fianzas dos presos políticos.

O concello de Xirona aproba en pleno o cambio do nome da praza Constitución polo de 1 de outubro. A moción, consensuada por PdeCat, ERC e CUP, tivo tamén o apoio do PSC. A alcaldesa Marta Madrenas explicou que ese cambio era unha resposta a un clamor popular que reclamaba rebautizar a praza “porque en nome da Constitución o Estado usou a violencia para impedir o acto máis puro da democracia, que é votar”. A moción recolle que o 1 de outubro lembra as cargas policiais contra os colexios electorais “con material antidisturbios e pelotas de goma, prohibidas en Cataluña”. Subliña que a cidadanía de Xirona non se rendeu e protexeu as urnas “nun acto de dignidade, de protesta e de manifestación da vontade democrática”. A portavoz do PSOE pediu que se concretase o ano, 2017, para non confundir co 1 de outubro de 1936, cando Franco foi nomeado xefe de Estado.

Importantes mobilizacións cívicas recibiron unha descualificación por parte dalgúns medios, como a manifestación de 45.000 persoas en Bruxelas o 7 de decembro de 2017 baixo o lema “Europe wake up, democracy for Catalonia” (Europa, esperta, democracia para Cataluña). El País titulaba así a información sobre esta pacífica manifestación: “El separatismo pasea su odio a España por las calles de Bruselas”. Os Comité de Defensa da República (CDR), nunha acción coordinada a nivel internacional, colocaban lazos amarelos en pontes e monumentos emblemáticos de quince cidades europeas en protesta pola situación de prisión de líderes políticos e civís catalás.

Realizáronse todo tipo de campañas para desprestixiar as institucións catalás. Descubiertas dos militantes de C’s que denunciaron en Espejo Público [programa de Antena 3] que en la universidad catalana se persigue a los no independentistas, titulaba  público.es o 12-12-2017. Unha delas manifestaba que “se nos escupe, abuchea y se nos llama fachas”. Resulta que foi toda unha montaxe, amplamente difundida, o mesmo que o adoutrinamento na escola catalá, e descubriuse que estas persoas están estreitamente relacionadas con Ciudadanos, aparecendo en actos e fotos de campaña coas candidatas e dirixentes dese partido.

A xerarquía católica sempre co PP. Antonio Cañizares, cardeal, arcebispo de Valencia e vicepresidente da Conferencia Episcopal Española, encabezaba numerosos pronunciamentos e cualificaba o sucedido en Cataluña como “un acto de sedición, un fraude, unha traición, un golpe contra el estado de derecho”. “No puedo justificar un pretendido derecho a decidir que no tiene en cuenta el bien común”. O arcebiso castrense, Juan del Río, manifestaba nunha mensaxe en Twiter: “Frente al independentismo fanático y violento, confiamos en Dios y nos unimos al Rey en su defensa de la libertad y del orden democrático”. José Ignacio Munilla, bispo de Donostia, declaraba que “este callejón en el que se encuentra Cataluña no sólo es ilegal, sino profundamente inmoral”.

Albano-Dante Fachin, ex–secretario xeral de Podem Catalunya e deputado de Catalunya Si que es Pot na pasada lexislatura, abandonaba o seu partido e participaba en actos electorais de ERC e CUP. Sinalaba no primeiro dos actos: “No quiero ser un súbdito ni pedir permiso. Miles de personas, seamos independentistas o no, compartimos que ya está bien de ser súbditos de una dictadura heredera del franquismo”. Nun acto con Raül Romeva, Alfred Bosch e Angels Martínez, ex–deputada de Si que es Pot, manifestaba: “Creo en la España plurinacional pero votaré un partido independentista. Es muy sencillo aunque a alguien le explote la cabeza cuando lo escuche. Hemos de asumir que la única oportunidad que existe para la plurinacionalidad de España pasa por la independencia de Catalunya primero”. “Si no hay mayoría independentista el 21-D ganará Rajoy, el Rey y los piolines”.

Beatriz Talegón, que foi militante do PSOE e secretaria xeral da Unión Internacional de Xuventudes Socialistas, explicaba nun acto de ERC en Barcelona que estaba alí “para defender la dignidad de los catalanes” e “por principios”. Sinalaba que nas eleccións catalás do 21D “es muy importante que gane el bloque republicano", xa que "España necesita un faro que demuestre que tenemos que luchar también nosotros por una república".

Toni Comín dice que el PSC debería cambiar de siglas y llamarse PUS (titular de La Vanguardia de 14-12-2017). Conseller de Saúde no goberno de Puigdemon, suxería ao PSC, nun vídeo gravado en Bruxelas e difundido nun acto de campaña de ERC en Barcelona, que “cambie as súas siglas polas de PUS, Partido Unionista Sobre todo (en catalán escríbese xunto, sobretot)”. Nese mesmo acto estaban ex–militantes do PSC que agora militan en organizacións escindidas, como Avancem ou MES. Para Comín a aplicación do 155 é “un retorno do franquismo” e lamentaba que o PSC “apoie a deriva autoritaria deste Estado”. Outro ex–militante socialista, Ernest Maragall manifestaba: “O PSC perdeu as orixes cando abandona o catalanismo e o actual non ten nada que ver co de Joan Raventós, Raimon Obiols ou Josep Pallach”.

Josep Piqué, ex–ministro do PP, e Cristina Gamendia, ex–ministra do PSOE e presidenta  da Fundación España Constitucional, que agrupa a 40 ex–ministros de UCD, PSOE e PP, promocionan as apertas entre famosas/os. Primeiro significados “intelectuais” (artistas, escritores etc), asinaban manifestos contra a celebración do referendo do 1-0; “progresistas” que cando está en xogo o dereito dos pobos e nacións a decidir e é cuestionada a “sagrada unidade da patria”, sacan a relucir o máis rancio nacionalismo españolista. Despois celebrouse en Madrid un xantar polo diálogo cun menú catalá-madrileño. Xa en plena campaña das eleccións do 21 de decembro, e continuando con este espírito de irmandade, estes ex–ministros de PP e PSOE lanzaban outra montaxe que La Vanguardia titulaba: “Abrazos entre famosos para apelar a la unidad de España”. Crearon la Fundación “Juntos Sumamos” que estaba claramente dirixida contra os partidos soberanistas. Na presentación sinalaban que nacían para “contribuir a la concordia y solidaridad entre la ciudadanía de toda España, independientemente de su origen, circunstancias o ideas”. Despois quitábanse a careta  e falaban da fractura social que provocan os nacionalistas: “Somos miembros de la sociedad civil española concienciados del riesgo de fractura social que  vive nuestro país, alentada por aquellos movimientos nacionalistas y populistas que debilitan nuestro espacio de convivencia democrática”.

Soraya Sáenz de Santamaría. Non dicían que temos unha xustiza independente e que hai separación de poderes? Pois a vicepresideta do goberno, Sorya Sáenz de Santamaría deixaba claro nun mitin que foi o PP quen aplicou o artigo 155 da Constitución para descabezar e liquidar o independentismo cos seus líderes no exilio ou no cárcere: “Quién ha hecho que hoy por hoy ERC, Junts per Catalunya y el resto de independentista no tengan líderes porque estas descabezados? Mariano Rajoy y el PP”. Como tiña que competir electoralmente con Ciudadanos, pedía o voto para o PP porque “es el único que puede seguir liquidando el independentismo”.

Josep Borrell. Este ex–ministro do PSOE (destaca con Josep Piqué, outro ex–minisro, pero do PP, e Mario Vargas Llosa, na ofensiva contra o soberanismo) criticaba a Miquel Iceta, candidato do seu partido, porque se pronunciou por un indulto para os presos políticos independentistas. Dicía Borrell que “antes de coser las heridas hay que desinfectarlas, para empezar, los medios de comunicación [en referencia a TV3]”. Gabriel Rufián, deputado de ERC lembraba a Borrell e ao PSOE que “o mellor desinfectante é a cal viva”, en referencia ás prácticas do GAL en tempos do goberno do PSOE cando se enterraban a algúns detidos en cal viva.

Luis Pastor, cantautor e militante antifranquista, que non estivo no citado xantar polo diálogo de Madrid, tamén estivo presente nesta campaña electoral nunha entrevista de Henrique Mariño (público.es, 14-12-2017). Sobre a condena a prisión dunha ducia de raperos e o ingreso no cárcere de independentistas, Pastor falaba claro: “Mantener en la cárcel a unos candidatos electorales es una utilización torcida de la Constitución, porque no hay motivo alguno. Estamos atentando contra las libertades que nos concede la democracia. El Gobierno muestra atributos con tics de dictadura. Mientras, hay nazis que cantan burradas y están en la calle. Dejen que la gente se exprese mientras no mate ni agreda a nadie”. Sobre o nacionalismo español manifesta: “Ese afloramiento de la bandera rojigualda resulta un poco agresivo para algunos de nosotros, porque venimos de muchos años de nacionalismo español obligado, castrante, mutilador y excluyente”. "El procés está resucitando a los franquistas y a una derecha troglodita. Si fuera catalán, supongo que estaría al lado del independentismo".

Pablo Iglesias foi unha das figuras desta campaña, con declaracións lamentábeis, que non son ningunha novidade. En outubro de 2015 presentaba a Podemos para as eleccións xerais como “la mejor garantía para la unidad de España”. Na campaña que realizou durante meses por todo o Estado contra a consulta convocada pola Generalitat, declaraba en xullo de 2017 que “si yo fuera catalán no participaría en ese referéndum”, o mesmo discurso que Pablo Echenique e Alberto Garzón. Despois desautorizaba o chamamento da dirección de Podem Catalunya a participar no referendo e facer campaña, forzando unha consulta sobre este tema entre as persoas inscritas, que perdeu. E, finalmente, na presentación do programa electoral de Catalunya en Comú-Podem manifestaba que o independentismo catalá “ha contribuido, quizás sin querer, o tal vez buscándolo, a despertar el fantasma del fascismo”. Nesta ocasión, Xosé Manuel Beiras non puido calar e contestaba: “Dicir que os independentistas cataláns despertan a pantasma do fascismo español equivale a dicir que as mulleres maltratadas despertan o machismo ou os negros despertan o racismo, non si?”.

Este enfrontamento dialéctico entre Pablo Iglesias e Xosé Manuel Beiras podería indicar tamén que entre os socios de En Marea hai distintas sensibilidades sobre como se entende iso de Galiza como suxeito político, dereito a decidir, exercicio do dereito de autodeterminación etc. En Marea celebrou nos últimos meses moitas Conferencias e Asembleas, mais creo que teñen pendente resolver o tema de fondo: que quere ser En Marea de maior, un proxecto político soberano, que decide todo en Galiza, ou unha coalición de partidos?; unha marca electoral e un proxecto para todos os concellos ou unha suma de mareas municipalistas ou reinos de taifas, que se presentan como “unidade popular”?

Acerca de Manuel Monge

Manuel Monge González é mestre e sociólogo. Foi concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007. Promotor e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña de 2007 a 2011.