O encontro XV: O poeta elegante

A verdadeira historia da conciencia iniciase coa primeira mentira.
Joseph Brosdky
A sombra do mundo é a nosa propia sombra.
Lois Pérez

A Lois Pérez.

Hoxe, a primeira hora da mañá, Frank (Fran, Francisco, Paco, Paquiño ou como queira que lle chame a súa Lady Eva cando o manda que vaia polo pan para o almorzo á panadería que hai moi preto da tenda na que só entran vellos modernos e na que o seu dono fai poñerse de xeonllos ao seu fillo ante unhas fotos de Charles Bradley, Joey Ramone e Ray Davies que ten colgadas nunha das paredes da tenda e que a algún cliente lembráballe a tríade: Marx, Lenin e Stalin que presidía o salón da casa dos seus pais) mandoume ensinar a uns espíritos da escuridade o belén da igrexa San Fiz de Solovio e da CATHEDRAL, por iso de que non unha sombra (para pantasma xá chegan Francis Scott Fitzgerald e Raymond Carver) e de que son de Ourense e estamos acostumados a tratar con espíritos. Cando estades aquí, en Compostela, os de Ourense ous vedes espíritos (Vicente Risco) ou elefantes (Anton Riveiro Coello). Sodes xente estraña e sábedes tratar a xente máis estraña, díxome o Frank, todo serio, para xustificar a súa orde. Eu non lle dixen nada, xa que eu son un ser nacido para ser mandado e prepareime para levar a cabo o traballo que o Frank me encargou.

*

Despois de ensinarlles os beléns da igrexa de San Fiz de Solovio e da CATHEDRAL, os espiritos da escuridade tiñan moita sede, e a min ocorréuseme levalos a saciar a súa incalculable sede a un local mítico, onde un psiquiatra do hospital de Conxo cada xoves sempre soña com roubarlle os cachibaches ao baterista que ameniza os domingos co seu grupo de Jazz e que de vez en cando se escapa a outro local con Florinda e Alfonso Espiño para planear unha viaxe imposible ao Monte Louro; sobre todo o que máis desexa o psiquiatra é un cabaliño de xoguete.

A mín pareceume que o local aos espiritos da escuridade podía lembrarlles ao local do 125 and Lenox no que escoitaron por primeira vez ao New Black Poet dicir que a Revolution will not be Televised* e Who “ll Pay Reparation on My Soul?**

*

Alá fomos camiñando lentamente pola rúas da cidade e cando entramos no local atopámonos con que alí había unha presentación dun libro dun poeta, por certo moi elegante e que debía ser sen sabelo seguidor dos consellos de estilo dun rapaz que sempre repitía a mesma frase: This is the modern world! This is the modern world!***, aínda que non levaba posta camisa de manga corta, pero si unha americana de cor negra. Quedámonos a mesma e os meus compañeiros, ao pouco, dixeron abraiados, a pesares de non entender nada: Ese home, que está no escenario, é coma NÓS, un verdadeiro e xenuino espírito da escuridade, e logo preguntáronme: Señor G… Que pensa vostede acerca de …., e a continuación, coa seu particular acento das terras de Memphis, dixeron o nome do poeta, que viron nos libros que tiña exposto un libreiro tan alto que case chegaba o teito do local e que vendía a dezaseis euros con cincuenta céntimos.

Ante a pregunta dos espíritos da escuridade gardei un pequeno silencio e logo, con bastante esforzo, xa que o meu inglés non dá para moito, a pesares de que a miña Lady Mary gasta horas e a horas do seu tempo en que eu fale ben o idioma de W.H Auden e que adoptou o ruso Joseph Brodsky para aproximarse ao señor Auden e preguntarlle: Mr Auden que opina vostede acerca de…? e a continuacion o nome, deilles unha contestación moi propia dunha sombra ourensá: que era mellor escoitar, porque a misa é mellor cando non se entenden as palabras.

*

Cando os tres, felices, saímos do local, ademáis de levar con nós tres gin tonics levabamos un Long Play debaixo do brazo, como un pan de Cea .

 

Nota bene

* https://www.youtube.com/watch?v=qGaoXAwl9kw
**https://www.youtube.com/results?search_query=gil+scott+heron+who%27ll+pay+reparations+on+my+soul
*** https://www.youtube.com/watch?v=ubRhnnQUyfM

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.