0 Gardados para despois

Colectivo Acordo

Avanzar dende o conquistado

Este ano 2018 vai ser crucial para conseguir medir a capacidade das forzas políticas do cambio diante do novo ciclo que se aproxima. Os gardiáns do réxime do 78 son ben conscientes disto e por iso desde o primeiro momento despregaron unha estratexia de desgaste dos gobernos do cambio que representan unha alternativas real á hexemonía política da dereita. Non é de estrañar que a dereita neoliberal e neocon teña unha capacidade de análise da realidade máis elevada que a das forzas de esquerda. Levan anos investindo en ideoloxía, os mesmos que falan da morte das ideoloxías, vernizada de realismo para convencernos de que é a única realidade posible.

Desde a administración local é, neste momento, desde onde a cidadanía pode testar a utilidade dun programa político transformador

O ciclo aberto a partir do 15M de 2011 mostrou que fronte a este discurso único existía unha sociedade diversa e plural que quería apostar polo deseño de solucións reais. Un ciclo que tivo seu punto álxido nas municipais de maio de 2015, algo que a dereita ten presente e por iso somete aos concellos ao mais férreo acoso.

Porque, a pesar de todas as limitacións do actual marco xurídico-político os municipios son espazos institucionais desde os que se pode relanzar a alternativa ao réxime. Por que? Porque desde a administración local é, neste momento, desde onde a cidadanía pode testar a utilidade dun programa político transformador. Hai que falar de utilidade porque as organizacións políticas, son iso, ferramentas que debemos por ao servizo desa maioría social agredida. Por iso 2018 será una ano clave para volver aparecer como unha alternativa útil para o conxunto da cidadanía. 

A defensa dos Concellos, os gobernos do cambio e as súas políticas, deber colocarse como ítem prioritario porque se non gobernamos: gobérnannos. Desde esta perspectiva non hai lugar para o pesimismo e o derrotismo

Ser útiles significa aparecer como gobernantes capaces e competentes. Non podemos quedar só na construción de discurso e é dese os concellos desde onde podemos impulsar outras realidades.  Por iso a defensa dos Concellos, os gobernos do cambio e as súas políticas, deber colocarse como ítem prioritario porque se non gobernamos: gobérnannos. Desde esta perspectiva non hai lugar para o pesimismo e o derrotismo.

Non podemos caer nas trampas que pretenden debilitarnos ou dividirnos. Cando chegamos a rúas ou calexas que semellan non ter saída debemos procurar outro camiño, outras vías para construír utopía. Inda que moitas veces sexa complicado encontrar ese punto de equilibrio que impida a homologación coas organizacións políticas convencionais, compre gobernar e facelo desde a proximidade.

A dereita sabe que se consegue vender unha visión ideoloxicista extrema e de división constante  estará a minar as posibilidades de que as políticas alternativas se consoliden. Unha transformación real e non de simple discurso é o que mais dano lles pode facer.

Para non quedar só no discurso convén cambiar o chip e non pensar que, exclusivamente, con manifestos e proclamas pode modificarse o rumbo das cousas

E para non quedar só no discurso convén cambiar o chip e non pensar que, exclusivamente, con manifestos e proclamas pode modificarse o rumbo das cousas. Hai que ser mellores que eles. Xestionar o presente é o xeito de preparármonos tamén para o futuro. E isto pode facerse sen perder o horizonte de transformacións integrais que se procuran como obxectivo final.

Acerca de Colectivo Acordo