0 Gardados para despois

Gustavo Peaguda Pérez

O Encontro XVI: Eladio Santos e outras historias diversas

A Eladio Santos, que me deixou as súas historias de caza.

Quien encendió las luces? Algún iluminado. Eladio Santos

 

Sabe alguén quen acendeu sen avisar as luces?

Eu pregunteille, con un exceso de optimismo pola miña parte, a Eladio Santos se o sabía e contestoume sen mirar para min que non o sabía, nin o saberá. Só dí que ou ben foi ELLA ou ben foi un iluminado, ALGÚN ILUMINADO *, pero non dá nomes e apelidos.

Normal, que se pode esperar de alguén que cando lle preguntan quen son os seus cinco autores franceses favoritos responde con suficiencia: BOU VIAN, Georges Perec, Nathalie Sarraute, Marguerite Duras e Pascal Quignard , de algúen que deixou a fiestra aberta e non viu chegar a TORMENTA** do domingo pasado e que ademais nas noites de lúa chea, nos bares ándalles dicindo a todos os seus amigos e mesmo algún inimigo que algún dia Havemos ir a Viana*** (se aínda fora ao casino da Póvoa do Varzim a tomar un pepito, un Monte Velho e un porto de dez anos e logo xogar un pouquiño a ruleta para comprobar se é certo o que dixo unha vez un inglés, nado, Berkhamsted, Hertfordshire, que pasaba longas tempadas en Oseira: o que perde gana****, podería pasar.), para logo ao día seguinte ir de caza só cos seus seres queridos.
Músicos!

Nota

*https://www.youtube.com/watch?v=UD0GUAaTFO0
**https://www.youtube.com/watch?v=kBCN_ppviyY
***https://www.youtube.com/watch?v=_Z8rYXWai-0
****https://books.google.com/books/about/El_que_pierde_gana.html?id=1TFFAAAAIAAJ

 

 

Relato insustancial de domingo (que non de venres*)

A Alejandro Díez que me deixou o mini Cooper.

Listen to the lion
Van Morrison

Cando o domingo cheguei de Milan, via Caledonia, a tormenta xa pasara e CANDY ainda tiña LOVE FOR SALE. Fun coller o meu coche, un mini Cooper 1974 de cor amarelo**, ao aparcadoiro do aeroporto. Nada mais chegar xunto a meu coche puiden comprobar que alguén me escarallou o retrovisor esquerdo, o dereito non. Enfadado (a pesares de LLEVAR EN LA SANGRE EL AMOR), decidín que hoxe a noite non ía escoitar na casa de CARLOTA, ao redor do fogo, as HISTORIAS DE CAZA dos meus vellos amigos Chet, Miguel, Alejandro, Sinesio, Dominico, Olimpio e por suposto, as alucinadas historias de Eladio Santos, senón que ía escoitar no meu salón, perfectamente decorado seguindo o gusto dun sueco namorado da música de Camaron e Jorge Pardo***, durante once minutos e sete segundos a historia que conta Xurxo Ivan sobre un león**** de Belsfast e o que dín Xaime***** Wilson e Magín****** White, que sempre me serviron para seguir o meu CAMINO e que a miña vida non se convirta en unha SAD WALK.
Quiero regresar!!!

Nota

*https://www.youtube.com/watch?v=LaSbtaTkH8A
** http://www.cardomain.com/ride/2524365/1974-mini-cooper/
***https://www.youtube.com/watch?v=pP6tYLmw3vQ
****https://www.youtube.com/watch?v=nxNpzB_Xcp0
*****https://www.youtube.com/watch?v=ffCaPkqE6m8
******https://www.youtube.com/watch?v=Pi3FCLq9WtA

Publicidade

Acerca de Gustavo Peaguda Pérez