Dona Diáspora en Bos Aires

A compañeira dos emigrantes leva un tempo de inactividade logo de máis dun século ininterrompido de exitoso labor social polo mundo adiante. Atopou acougo na lareira pétrea da súa prehistórica amiga Pedra da Arca. Na parroquia vimiancesa de Baíñas puido sandar as doenzas coas apócemas de herbas que lle prepara a súa boa anfitrioa.

Aínda que afastada do escenario non desconectou dos acontecementos relacionados coa vida dos galegos no exterior. As tristes noticias que chegan desde a capital arxentina sobre o Centro Galego lévana a desprazarse ata a beira sur do Río da Prata. Quere comprobar se os herdeiros dos apaixoados e fortes empurradores caeron no desalento por esquecer as raíces e perder a identidade.

 

Na esquina de Belgrano e Pasco

Está diante de onde estaba o “Breogán”. Lembra o que aprendeu escoitando aos seus bos  amigos Rodolfo Prada, Bieito Abraira, Daniel Calzado e Segundo Pampillón que por certo, nunca lle deixaron pagar un café. O primeiro que lle chama a atención é unha ringleira de xente na beirarrúa da avenida Belgrano. Vai achegarse para saber o que están a comentar os asociados.

Es increíble. No se puede creer a lo que llegamos. Nos tenemos que levantar a las seis de la mañana para poder venir a sacar número. Me dijeron que los médicos no cobran y que por eso atienden a pocos pacientes pero no me cierra que vengan a laburar gratis. No me lo creo, lo que pasa es que ahora con Macri se acabó la joda de cobrar sin laburar. [Socia de 75 anos]

Me dijeron que se jodió todo cuando las agrupaciones se dividieron y una quiso poner al presidente con el apoyo del Interventor. El problema surgió cuando se descubrió que iba gente en la lista que no era socia. ¿Me entendés? Ahí se le vino abajo el plan del Interventor para tener una directiva de su confianza. No tengo claro lo que buscaban porque la crisis es grave al perder miles de socios. Yo no tengo a donde ir por menos guita y además no me conviene cambiar de especialista  a mis años. [Socio de 80 anos]

Está complicado el asunto. Bueno, creo que se acabó. Nos vamos a quedar sin atención médica. Lo que me desorienta es que el gobierno nos deje tirados. Yo voté a Macri para vivir mejor y la verdad, estoy peor. Sigo apoyando porque odio a Cristina pero con el Interventor “K” no tenía que venir de madrugada para sacar número. Además, en Farmacia siempre tenían los medicamentos que me recetaban. Ahora muchos remedios no los tienen y para el reintegro del 20% te dan más vueltas que una calesita. Ojo, no estoy diciendo que sea culpa de Macri porque bastante ocupado está en defenderse de los vagos peronistas pero yo ahora estoy peor . Tengo menos guita. [Socio de 65 anos]

 

Na Pinacoteca Social

Voume ir ao despacho do presidente do Instituto Argentino de Cultura Galega para gozar coas obras de Castelao e Díaz Pardo. Estiven moitas veces diante dos cadros “O cego”, “A familia do cego” e “Nacemento”. Antes sentía moita alegría xa que visitaba un fogar de triunfadores. Agora estou moi apesarada. Vexo que están a falar baixiño tres empregados dos aquí chamados “ñoquis” xusto diante de “Festa na aldea” do gran pintor Pesqueira. Quero oír o que din.

No se lo que piensan ustedes pero le dije a Martín que después del frustrado arreglo con Burgueño de Ribera Salud tiene que mover ficha antes de que el INAES nos cierre la canilla. Quiero decir que no tenemos el salario asegurado. Estamos en el aire. Es evidente que somos gente de confianza del PRO pero se va a armar quilombo. Los sindicalistas coimeados van a terminar siendo desplazados por los empleados cuando se aviven de que solamente hay guita para nosotros. Le comenté que para ganar tiempo puede chamuyarse a los gaitas de la Xunta con su propuesta de salvamento del patrimonio artístico que tenemos acá en el edificio. Algo hay que inventar para que cada 29 no nos falte la papita rica. [Ñoqui masculino de 50 anos]

Bueno, tenés razón. Hay que presentar algo para que el tiempo vaya pasando. Así entretenemos a la gilada gaita que anda rompiendo con la pelotudez de que son de su propiedad las obras que forman parte de la Pinacoteca Social. La verdad es que están desubicados. Creo se olvidan que Luis Seoane, por ejemplo, nació en Buenos Aires. Se me ocurre proponerle a Martín que vaya a Santiago de Compostela a ver al presidente de Galicia con una oferta de colaboración cultural. A cambio de abrir al público la Pinacoteca tienen que bancar el servicio de mantenimiento y de información. Creo que ganamos todos. Nosotros conservamos el laburo y los visitantes agradecen poder disfrutar de un patrimonio privado. Mejor sería que Macri hablase directamente con el presidente gallego para convencerlo de que está muy preocupado por el futuro de una colectividad que luchó mucho en la Argentina. [Ñoqui femenino de 45 anos]

 

No Panteón da Chacarita

Vou marchar. É a primeira vez que sinto enerxía negativa neste histórico edificio. Irei andando paseniñamente pola avenida Corrientes ata o cemiterio da Chacarita. Poida que faga unha pausa para mercar un choripán se vexo algunha grellada no camiño. Levo media ducia de camelias de Vimianzo en ofrenda aos  irmáns emigrantes que repousan no panteón do Centro Galego. Quero pedirlles desculpen o meu fracaso xa que o meu sentimento non puido frear o ataque das escuras insensateces macristas que envelenaron a emigrantes e descendentes. Terei que pedir desculpas por infravalorar ao inimigo. Dóeme que os nosos defuntos vexan que os herdeiros perderon o roteiro da solidariedade para caer nunha lameira chea de egoísmo, exclusión e resentimento. O peor é que non son responsables dos seus actos. Seica o hospital está en crise porque ten moitos socios maiores de 70 anos. Así non hai maneira! É curioso que case ninguén critica ao interventor. Os que máis berraban contra do anterior goberno nacional son agora comprensivos e respectuosos cun grupo de activos delincuentes. Non podo crer que haxa tanto cínico e hipócrita nunha colectividade que sempre soubo separar o trigo da palla.

Non sei o que aconteceu no cerebro dos nosos herdeiros para tolear cun candidato que nunca gañou un peso de xeito honrado. A escasa actividade laboral do actual presidente atópase fóra do marco legal. Coido que dedicarse ao contrabando de pezas automotrices é acto delictivo aínda que sexa moi lucrativo. Haberá que determinar cal é o beneficio que agardaban conseguir os nosos herdeiros metendo na urna un voto para un candidato que fuxe do traballo coma se fose unha tortura. Os galegos suaron para que nunca faltase comida na mesa familiar. Os descendentes fuxen do esforzo xa que na Arxentina o carto faise usando a cabeza. Disque o mellor é a especulación financeira. Queren facer cartos axiña. Os avós aforraron durante 40 ou 50 anos pero aqueles emigrantes conformábanse con pouco. Agora hai máis oportunidades. Claro que estes xenios da pataca cadrada non detectan que son títeres dos que moven os fíos da política económica internacional. Os mercenarios dos medios desinformativos dirixen o seu pensamento desde que se erguen ata que se deitan pero están convencidos de que teñen ideas propias.

Pois ben, amigos e amigas, non hai que afundirse no desalento. Este fermoso país vai volver a ser solidario. Dentro de dous anos acabará este pesadelo macri-neoliberal. O novo goberno terá que refacer as paredes caídas e repoñer os dereitos perdidos. A miña recomendación é que o hospital do Centro Galego sexa público. A estatización garantiza a continuidade da asistencia médica. A cambio de manter abertas as portas faráse doazón do inmueble. Coido é de xustiza que o hospital sexa dos arxentinos xa que eles os nosos lexítimos herdeiros. O asunto das obras de arte semella ter boa solución. Unha posibilidade é a creación dunha Fundación Cultural “Instituto Argentino de Cultura Gallega” coa obriga de divulgar, manter e protexer o importante e valioso patrimonio artístico que durante décadas foi adquirido polo Centro Galego. A nova entidade con personería xurídica propia poderá asinar convenios coa Xunta de Galicia para organizar eventos en Bos Aires ou en Galicia. Teño que despedirme. Vou dar unha volta por Montevideo de camiño ao norte. Recibide a miña fonda aperta colectiva e xa sabedes onde atoparme se necesitades que vos bote unha man. Adeus e ata sempre!

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.