0 Gardados para despois

Marta Rodríguez Engroba

Feminista eu? Non sei se cumpro os requisitos

Se hai un tema que se preste a debate é o feminismo, para o que non faltan defensores e detractores. E se hai unhas datas nas que este debate cobra unha maior relevancia é nestas nas que nos achegamos a o  8 de Marzo, especialmente este ano, no que a folga de mulleres convocada para ese día agárdase que represente un antes e un despois. Que quede demostrado dunha vez por todas que, se as mulleres paramos, o mundo para.

En Si, hai saída ata o momento non nos pronunciamos respecto a esta folga. Dende certos sectores (non todos, que quede claro) que se supoñen exemplos a seguir no eido feminista, cuestiónase que nós poidamos ser dignas de tal condición., dúbida que se fai extensiva tamén, faltaría mais!, a miña persoa.

Malia que normalmente procuro ignorar este tipo de rumores, insinuacións, ou  como se lles queira chamar, xa que, por fortuna,  o tempo me foi ensinando, non sen esforzo, porque, ao fin e ao cabo son humana, e tamén me doen as cousas,   que as veces, canto menos explicacións se den, moito mellor e que o importante e ter as ideas claras, actuar con coherencia e, por riba de todo, crer no que se está a facer, lle guste ou non ao resto da xente mentras quen o fai teña a conciencia tranquila, por unha vez, e porque, sinceramente, e polas razón que acabo de expoñer, non é que me preocupe excesivamente, pero ainda así agardo que o que vou dicir serva para deixar a nosa posición, tanto a de Si, hai saída como a miña persoal, ben clariña e definida.

Sen ningún xénero de dúbida, eu creo e esixo a igualdade entre homes e mulleres e estou convencida de que, por moito que tenten convencernos do contrario, ainda queda moito por facer para acadala.

Por suposto, sempre traballarei e loitarei con este fin, pero, e penso que aquí comezan os matices que poida que nos fagan diferentes, con coherencia e con sentidiño común.
E o digo, ollo, desde o respecto mais absoluto. Non quero en ningún momento dicir que o resto da xente non teña esta coherencia ou este sentido común, pero xusto é, creo, recoñecer que de todo hai.

Como me podo sentir identificada, por exemplo, e isto é totalmente real, con quen di abandeirar a causa feminista, e se permite o luxo de dubidar da miña implicación na loita contra a violencia de xénero baseándose no meu xeito de vestir? Ante argumentos de tal calibre, se esto e feminismo, que pare, porque eu, francamente, prefiro apearme.

Teño, ademais moi claro, que non teño absolutamente nada que demostrar baseándome no meu aspecto, algo, por certo, que me parece totalmente irrelevante, e que creo que non nos define para nada, pensamento que, obviamente, non comparten cantas me critican polo meu “look” que dín é de pija, seica.

Evidentemente, penso que non son quen, e menos con tal sinrazón, para calibrar a implicación que eu podo ter ou non, algo que teño que demostrar co meu traballo diario, e non coa miña imaxe.

Direilles, eso sí, e para que teñan algo mais do que falar, que, efectivamente me encanta o “look” pijo, e se non o luzco ainda mais é porque o meu presuposto non mo permite. Algún problema?

Tampouco me vexo representada, nin de lonxe, por quen fala dos homes como inimigos, que pola sinxela razón do seu sexo son automáticamente tachados de machistas e de potenciais maltratadores. Eu tiven a desgraza de topar con un maltratador que case me mata, pero o que teño moi claro é que non canto home se cruza no meu camiño e na miña vida é, nin de lonxe, parecido a tal animal.

En canto a folga, por suposto non estou contra ela, nin moito menos, e, obviamente, para acadar algo, hai que loitar e visibilizar, pero non é menos certo que hai aspectos da mesma que non remato de ver claros.

Non me parece xusto medir o feminista que cada muller pode chegar a ser en función de que se una ou non a esta folga. Hai, penso, que ser realistas, e tentar que os idealismos non nos fagan despegar os pés da terra.

Alguén ten en conta, por exemplo, a esas mulleres que soas cada día están ao coidado de maiores, dependentes, nenos…..?.

Que fan, por moi implicadas que se sintan e por moito que desexen unirse a folga? Son as persoas ao seus coidados as que deben que pagar as consecuencias da súa implicación? E que dicir desas mulleres que son, mais ou menos veladamente, ameazadas con perder o seu traballo se se unen a folga?

Porque esta situación chega a darse con moita mais frecuencia da que seguramente se cre. Que deben facer esas mulleres ante o risco de perder un traballo case con toda seguridade precario, pero que é o único medio de subsistencia e tal vez o dos seus fillos?. Os idealismos, as conviccións, lamentablemente,  e por moito que nos amole recoñecelo, non pagan as facturas, nin dan de comer.

Teñen esas mulleres que ser rexeitadas por non xogar a ruleta rusa co seu traballo, independentemente das súas ideas?. Na miña opinión non é xusto, ademais de faltar, creo, a unha das premisas fundamentais do feminismo: a liberdade.

En canto a Si, hai saída, tal vez non teñamos presencia nas rúas. A nosa actividade céntrase,cada día, os sete da semana, en tentar que canta muller se achega a nos deixe de ser vexada, humillada, agredida, e en que, pouco a pouco, vaia aprendendo a vivir de novo sen medo, coa dignidade a que ten todo o dereito e que se lle nega.

Qué opinades, ten eso algo que ver co feminismo?

Eu creo que hai moitos xeitos de exercelo, todos igual de dignos. Non o mais visible é sempre o mais efectivo.

Hai moitos xeitos de loitar, de ser feminista…..malia que, para esto último, francamente, escoitando o que escoito, e vendo as actitudes de certos sectores, as veces penso, sinceramente, que non cumpro os requisitos, e, francamente, non creo que chegue a facelo.

Publicidade

Acerca de Marta Rodríguez Engroba

Presidenta da asociación lucense Si, hai saida contra a violencia machista