0 Gardados para despois

Juan Carlos Piñeiro

Folga

Podédesme crer que a folga non lle gusta a ninguén, sei ben do que falo. Ós empresarios e empresarias, por suposto non lles gusta, e aseguro que tampouco lles gusta ós traballadores e traballadoras. A folga é a expresión máis clara da actuación final en defensa da dignidade, neste caso laboral. É o mecanismo final que, fai ás veces, de válvula que regula a  presión. Tamén para a parte empresarial é o termómetro que marca as saúde do seu proxecto, na relación coa xente, e moitas das veces serve para que o empregador se decate de prácticas que non aproba e non comparte por parte dos mandos nas empresas. As asembleas que toman a decisión de ir a folga nunca son unha festa, nunca se ven caras de felicidade. É unha decisión difícil que tomar que colle folgos na necesaria defensa da dignidade como persoa dos que a toman. Incerteza, inquedanza e preocupación, pero fachenda de facer o xusto e o que se respira no aire. 

Por iso esta folga do 8M foi para min importante acertada e sobre todo necesaria, todas e cada unha das reivindicacións que a sustentan teñen que ver, xa  non coa liberdade nin coa igualdade, que tamén, senón que no fondo, na esencia mesma,  está a  dignidade como persoas. Por iso as persoas de ben, as persoas sensibles e con capacidade de empatía, estivemos presentes  onde tíñamos que estar, defendendendo a dignidade que ten que ser igual para todas e todos.

No 8M non collen escusas e posicións políticas sobre ideoloxía, non se pode permitir poñer na mesma parte da balanza a defensa do capitalismo e o dereito das mulleres de ter unha vida digna e plena en igualdade.  Mal imos se a posición política de cada quen está por  riba dos dereitos das persoas e a súa defensa, o capitalismo non é tan importante, Arrimadas, como tampouco o deben ser o comunismo, o socialismo ou calquera postura. O importante teñen que ser a persoas. Compre refrescar a estes políticos de PP e C´s o “pacto internacional dos dereitos económicos, sociais e culturais de 1966”   que contén palabras como: dereito, condicións equitativas, igualdade salarial, persoas, remuneración digna ... cuxa única ferramenta de defensa senón se cumpre é a folga, percátense, diante da inacción dos políticos.

Está folga foi alegre, foi forte e foi exemplar, para min un golpe de dignidade e de esperanza. O que non queira decatarse está perdido. Forza ás mulleres, exemplo de dignidade.

Acerca de Juan Carlos Piñeiro

Secretario xeral de Compromiso por Galicia