0 Gardados para despois

Manuel Lago

Hai que parar o proceso de empobrecemento das pensións

As reformas do sistema publico de pensións de 2011 e 2013 son un ataque ao benestar dos pensionistas porque foron impostas co único obxectivo de recortar o importe das pensións dentro da estratexia de redución do gasto publico e o deterioro do estado de benestar.  Foron impostas no máis duro da recesión cumprindo o ditado da Troika de austeridade extrema renunciando a buscar un incremento dos ingresos ou un cambio no modelo de financiación do sistema.

A reforma de 2011 supuxo elevar a idade de xubilación ordinaria de 65 a 67 anos, aumentou de 15 a 25 anos o período de computo para o cálculo da pensión, ademais de endurecer as condicións de acceso establecendo a obriga de cotizar 37 anos

A reforma de 2011 supuxo elevar a idade de xubilación ordinaria de 65 a 67 anos, aumentou de 15 a 25 anos o período de computo para o cálculo da pensión, ademais de endurecer as condicións de acceso establecendo, entre outras medidas, a obriga de cotizar 37 anos para ter dereito ao 100% da pensión.

A reforma de 2013 é máis simple pero máis dura, porque anticipa a 2019 a aplicación do factor de sostibilidade pero, sobre todo, porque elimina a actualización das pensións vinculada ao IPC e introduce un denominado índice de revalorización das pensións.

A reforma de 2013 anticipa a 2019 a aplicación do factor de sostibilidade e elimina a actualización das pensións vinculada ao IPC

Todas estas medidas teñen como único obxectivo reducir o importe das pensións. As que cobran os pensionistas actuais co índice de revalorización e as dos pensionistas futuros co factor de sostibilidade. Isto é, preténdese acadar o equilibrio financeiro do sistema a costa de baixar as pensións.

O mal chamado factor de sostibilidade supón un recorte gradual pero continuado no tempo que vai provocar unha redución moi importante da pensión inicial en comparación co ultimo salario, o que se coñece como taxa de reposición. Ten unha lóxica perversa: a pensión se reduce na medida que aumenta a esperanza de vida. Como se vai cobrar durante máis anos, cada mes se vai cobrar menos, a pensión será menor, porque se quere repartir o mesmo importe global en máis anos de vida.

O mal chamado factor de sostibilidade supón un recorte gradual pero continuado no tempo que vai provocar unha redución moi importante da pensión inicial en comparación co ultimo salario

Xa se sabe que a aplicación do factor de sostibilidade a partir de 2019 vai implicar unha redución do 0,7% na pensión inicial, unha cifra que pode parecer menor pero como se vai acumulando co paso do tempo chegará ata o 15% de caída en vinte anos.

Pero o recorte máis duro da reforma de 2013 é o denominado índice de revalorización. Primeiro porque afecta a todos os pensionistas, tanto aos actuais como os futuros. Segundo porque condena a unha perda continuada e acumulativa de poder adquisitivo.

Cun incremento do 0,25% nas pensións e un IPC no 2% os pensionistas van perder o 30% do seu poder adquisitivo nos próximos vinte anos

Tal e como está definida a formula o índice de revalorización  nunca vai superar o 0,25%, condenando aos pensionistas a un deterioro continuado da súa situación económica. Cun incremento do 0,25% nas pensións e un IPC no 2% os pensionistas van perder o 30% do seu poder adquisitivo nos próximos vinte anos.

Sumando ambos recortes, as pensións van sufrir un retroceso do 45% en termos reais, isto é, os pensionistas van perder o 45% do seu poder adquisitivo. Isto é inaceptable, porque de non evitalo as baixas pensións de hoxe converteranse en pensións de miseria mañá. Para que se entenda mellor, é como si a pensión media actual en vez de 788 euros fose de 443, a dos autónomos en vez de 561 euros baixara a 308 e a de viuvez fose de 301 euros ao mes.

Isto é decente? Pode vivir unha persoa con esta cantidade? Obviamente non, serán pensionistas pobres, condenados a buscar traballos en negro, depender da súa familia, vender a súa casa... Esta condena ao empobrecemento dos pensionistas deféndese cunha única razón: que o sistema non pode soportar que as pensións suban o mesmo que o IPC.

Se a economía crece de media o 2%, aínda que se revalorizan as pensións coa subida do IPC, o gasto en pensións pasaría do 11,8% actual ao 12,8% en 2030,  e ao 13,9% en 2050

Poren, esta idea é unha falacia, como se demostra nun informe oficial que o Ministro de Empleo y Seguridad Social entregou na Comisión Permanente do Pacto de Toledo o 2 de novembro de 2017, no que inclúe unha táboa de como evolucionaría o gasto en pensións sobre o PIB ata 2050. O resultado é moi revelador: se a economía crece de media o 2%, aínda que se revalorizan as pensións coa subida do IPC, o gasto en pensións pasaría do 11,8% actual ao 12,8% en 2030,  e ao  13,9% en 2050.

Isto é, actualizando as pensións co IPC, o gasto incrementaríase tan só nun punto de PIB dentro de 13 anos e en dous puntos dentro de 33 anos. Un incremento máis que razoable porque vai aumentar o numero de pensionistas e polo tanto o lóxico é dotar con máis fondos o sistema público de pensións.

É posible facelo? Rotundamente si. Porque temos trinta anos para normalizar a fiscalidade española, corrixindo o diferencial de 8 puntos de PIB de menores ingresos que ten España en comparación coa media da UE. Bastaría dedicar a pensións a cuarta parte desa maior recadación para facer compatible a sostibilidade do sistema e a suficiencia das pensións.

Por que non o quere facer o Goberno, a pesar do enorme custo electoral que lle está supoñendo? A resposta atópase noutro documento oficial: o Programa de Estabilidade que cada ano ten a obriga de presentar diante das autoridades europeas

Se isto é así, que o é, por que non o quere facer o Goberno, a pesar do enorme custo electoral que lle está supoñendo?

A resposta a esta pregunta atópase noutro documento oficial: o Programa de Estabilidade que cada ano ten a obriga de presentar o Goberno diante das autoridades europeas para explicar a estratexia orzamentaria e fiscal do Reino de España.

Na páxina 41 da última actualización, o Goberno define unha política de ingresos e gastos dominada por unha idea fixa, case unha obsesión: reducir o tamaño do sector público.

A intención do Goberno é baixar o gasto público actual equivalente ao 42,4% do PIB a tan só 39,2% en 2020, isto é 3,2 puntos que supoñen un recorte de máis de 37.000 millóns de euros.

A contrapartida dese recorte do gasto público é a renuncia a incrementar os ingresos, a superar esa diferenza de 8 puntos coa media da UE, porque os ingresos ––que inclúen as cotizacións sociais–– estáncanse no 38%. Esta é a razón de porqué o goberno non quere actualizar as pensións, a pesares da enorme dor social que provoca esta decisión e as graves consecuencias que ten sobre o benestar da cidadanía e mesmo sobre a economía.

A razón real é o fundamentalismo neoliberal do goberno, a súa obsesión de reducir o gasto público. As pensións son máis de un de cada catro euros do gasto público en España

Non é por unha restrición económica, nin está provocada pola demografía. A razón real é o fundamentalismo neoliberal do goberno, a súa obsesión de reducir o gasto público. As pensións son máis de un de cada catro euros do gasto público en España. Por iso, si a estratexia é reducir o gasto, o sistema público de pensións ten que sufrir duros recortes. 

A Constitución Española no seu artigo 50 establece un mandato constitucional claro para que o Goberno actualice as pensións, para que estas permitan ter suficiencia económica e unha vida digna ás persoas maiores. Por iso o debate non debe ser si é posible ou non actualizar as pensións, porque iso xa o decidiu o constituínte. O único debate real é como o facemos.

Publicidade

{C}{C}{C}{C}

Acerca de Manuel Lago