0 Gardados para despois

Constantino Novoa

Cando remata unha folga?

Grazas ao labor informativo de moitos meses, todo o persoal da Xustiza en Galicia ten unha idea exacta de como son as táboas salariais e canto cobran os distintos corpos profesionais no resto de comunidades autónomas. Todas e todos sabemos, tamén, que non hai ningunha comunidade onde todos cobren o mesmo.

Sabemos por que fomos á folga e por que a mantivemos durante máis de dous meses e medio, cun grande esforzo.

Sabemos con exactitude —porque o revisamos e cuantificamos persoalmente— a canto ascende a cantidade mínima que a Xunta debería ofrecer para que o obxectivo desta longa folga se cumpra.

Por último, todos e todas coñecemos o contido das mocións votadas polos grupos parlamentarios galegos o pasado 19 de decembro.

Sabemos, polo tanto, por que fomos á folga e por que a mantivemos durante máis de dous meses e medio, cun grande esforzo.

O conflito enquistouse ata o punto de semellar que, no seu seo, naceu unha nova reivindicación, esta non de carácter laboral: protestar contra a arrogancia e a prepotencia mostrada pola Xunta. Se cadra hai xente á que isto lle resulta novo, pero a nós non nos colleu por sorpresa o autoritarismo dos negociadores do PP, porque somos un sindicato de clase e xa o padecemos noutros ámbitos.

O conflito enquistouse ata o punto de semellar que, no seu seo, naceu unha nova reivindicación, esta non de carácter laboral: protestar contra a arrogancia e a prepotencia mostrada pola Xunta

É bo aclarar isto para que non se esqueza: a nosa reivindicación é sindical, non de política de partido.

No actual escenario cómpre responder a unha pregunta: aceptamos ou non a última oferta da Xunta?

Desde CCOO fomos leais e honestos en todo momento, non ocultamos en caso ningún cal era o noso obxectivo sindical: que as remuneracións do persoal da Xustiza fosen «xustas», isto é, que se situasen na media das comunidades autónomas. Nós non nos abrazamos a ningunha cantidade fetiche, senón que nos guiamos polas directrices sintetizadas nos primeiros tres parágrafos deste artigo. E nisto estivo tamén de acordo a maioría sindical.

Cuestión diferente é se outras voces pregoaron obxectivos que ían alén do consenso sindical maioritario, propostas de imposible realización a día de hoxe que farían que a folga continuase sine die, provocando unha factura e unha fractura desorbitadas.

Quen pretenda continuar coa folga, que fale con claridade e diga razóns concretas para mantela. Prohibidas abstraccións, xeneralidades ou consignas

No actual escenario cómpre responder a unha pregunta: aceptamos ou non a última oferta da Xunta? A decisión debémola tomar revisando eses compoñentes enumerados ao comezo do artigo. Sobre esta base, calcular se a suba ofrecida sitúa a Galicia na media das comunidades autónomas. Se non for así, pensar en canto se está a ceder e que prezo tería continuar coa folga.

Quen pretenda continuar coa folga, que fale con claridade e diga razóns concretas para mantela, que expoña cantidades exactas e enumere medidas de presión precisas. Prohibidas abstraccións, xeneralidades ou consignas.

Publicidade

{C}{C}{C}{C}

Acerca de Constantino Novoa

Coordinador do sector da Xustiza de CCOO