0 Gardados para despois

Xosé Manuel Sarille

Elegantia

O 11 de xuño ás 11.39 unha líder da nova esquerda galega demandáballe en Facebook ao goberno español que recibise os migrantes do Aquarius. “Non hai escusa. Defender a vida é un deber. Ningún ser humano é ilegal!” Os seguidores remachaban: “para iso non hai; entre o clero, os políticos e os militares esgotan todo”. “Estarán nunha mariscada”.

Sánchez anunciara a acollida algo antes. No entanto a dirixente abandonou o fío sen mostrar alegría, dando a impresión, sei que errónea, de pretender só un movemento táctico, máis interesado na denuncia do novo goberno que no resultado.  

Sun Tzu di que hai terreos que non convén disputar e camiños que non se deben percorrer (A Arte da Guerra).

A oposición de esquerda debe ser virtuosa e colaborar sinceramente no restablecemento da orde social destruída polos gangsters, celebrando os éxitos comúns como propios, porque os son

A oposición de esquerda debe ser virtuosa e colaborar sinceramente no restablecemento da orde social destruída polos gangsters, celebrando os éxitos comúns como propios, porque os son. E deberá opoñerse con moita solvencia ás imposturas do PSOE, determinantes e de alcance longo. Ou as dúas cousas, ou volver a ocupar o espazo marxinal do antigo PCE.

De momento a aplicación táctica do grupo parlamentario foi acertada: asumir como corresponde o cambio simbólico na cuestión migratoria e demandar o cese ou reprobar ao ministro de cultura.

Publicidade

Acerca de Xosé Manuel Sarille