A nova esquerda ou como ir virando cara a dereita?

Fai xa unhas semanas eramos espectador@s da caída de Rajoy e da súa executiva, unha caída que parecía abrir certo atisbo de esperanza na sociedade española. Polo menos parecía que se respiraría aire fresco nas viciadas institucións de este país.

Pero dados os feitos e os últimos movementos de P. Sánchez e do PSOE parece ser que esta bocanada de aire  pode converterse na última expiración antes de un desfalecemento non esperado convertido en mero espellismo. E digo un espellismo. por que o seu lema de "somos la izquierda" en principio quédase en iso, nun lema.

Xa fai anos, concretamente despois da morte de Franco e ata o día de hoxe, unha etapa que na historia se denomina transición nos seus primeiros anos e que posteriormente se pasou a denominar  un "estado de dereito con unha monarquía parlamentaria", debería ser denominada simplemente postfranquista. E digo postfranquista máis que nada por dúas razóns evidentes. Unha primeira que atañe as institucións, as cales nunca se limparon de eses restos de franquismo que deixou esa etapa en España e que se reflexou nos cargos designados en aquel tempo e que se mantiveron moito tempo despois do 78. A segunda que non menos importante pero si a que máis pasa desapercibida, é que temos unha monarquía que incluso ven recollida e regulada con  privilexios na Constitución, e que imposta no seu momento por un golpe militar sigue vixente a día de hoxe. 

Sin querer facer unha longa e detallada pasada pola historia do PSOE que non ven ao caso en estas liñas, simplemente me remontarei ao ano 2010 e sucesivos. No ano 2010, Zapatero conxela as pensións, baixa os soldos d@s funcionari@s, foi artífice dunha reforma laboral que recortaba en dereitos as traballador@s e o peor de todo, firma co PP a reforma do artigo 135 no ano seguinte (2011),  priorizando o pago da deuda do país fronte a sanidade, educación, pensións ou calquera outra inversión social. Por eses anos empezan a darse prexubilacións, cobros e comisións de maneira ilegal, fraudulenta, que todos coñecemos como "caso R". Tamén moi en liña coas políticas de dereitas votou a favor de que as inxurias a coroa ( esa monarquía metida con calzador) seguisen sendo delito. Xa nos últimos tempos, e existindo certos achegamentos de outros partidos de esquerdas, vemos a verdadeira faciana de este PSOE. Non apoiou o referendum do 1 de outubro, e para colmo de males, votou a favor da aplicación do tan famoso e tristemente aclamado artigo 155 en Cataluña cando anos atrás o mesmo PSOE defendía o dereito de autodeterminación das nacionalidades. Tamén seguindo esta liña política onde a temática era  Cataluña, votou no seu momento en contra de investigar as cargas policías do 1-O xunto co PP e Cs. Algúns "baróns" da cúpula do socialismo teñen incluso eloxiado o xeito de actuar e de facer políticas, que menos progresistas son calquera cousa,  de integrantes e dirixentes  de Cs.

E para ir redondeando este intenso análise, despois de unha moción de censura que necesitou da intervención de tódolos actores e forzas do congreso para aprobala, P. Sánchez fai unha serie de "fichaxes" cando menos de dubidosa idea progresista: Josep Borrell,  Grande Marlaska ou  Nadia Calviño...sen esquecer o fugaz paso de Maxim Huerta. Iso sin esquecernos da tan dichosa solicitude que o PSOE fixo unha é outra vez para que se dese a coñecer os nomes da amnistía fiscal e que actualmente e cos “socialistas” gobernando segue sendo secreta. Que motivos haberá para non dar eses nomes?

Polo exposto hasta aquí e sin querer facer máis análise do que nun principio pretendía, a día de hoxe dicir que o PSOE se poida clasificar como obreiro e como socialista é cando menos bastante dubidoso. Non sabemos como terminará esta lexislatura, que ou moito cambia ou veremos como un partido que naceu cunha ideoloxía republicana e de defensa d@s traballador@s e os seus dereitos, se mostra  mudado nun partido monárquico e capitalista, onde os últimos destelos de socialismo só se dislumbran nas súas siglas.

O tempo nos dará a resposta a esta dúbida, senón o fan uns comicios adiantados.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.