0 Gardados para despois

Xosé Manuel Sarille

Ada Colau

En 2011 Artur Mas accedía ao Parlament en helicóptero para evitar os manifestantes. As retallades do independentista neoliberal diminuíran o gasto en sanidade un 27%  e o 12% en educación.

ERC importara algo antes o concepto de espolio fiscal. Ideárao a Liga Norte italiana para sinalar que o sur pobre lle roubaba ao norte opulento. Debuxábase así a ruta para abandonar o territorio dos PIGS, pasando as costuras do Perineo para o sur de Tarragona (*).

“Para lograr a independencia hai que gañar antes a alcaldía de Barcelona” di agora Quim Torra. É outra entelequia do Procés, pero busca unha candidatura instrumental, neoliberal por suposto, que borrará as conquistas do goberno de Colau

“Para lograr a independencia hai que gañar antes a alcaldía de Barcelona” di agora Quim Torra. É outra entelequia do Procés, pero busca unha candidatura instrumental, neoliberal por suposto, que borrará as conquistas do goberno de Colau. Son exemplares: o concello do Estado co maior aumento do gasto social (850 millóns máis que no mandato anterior); unha empresa pública municipal de luz; unha norma para que sexan sociais 1/3 das vivendas a construír; outra que regula os alugueres e máis medidas que non se lerán nos xornais propiedade dos financeiros, construtoras e eléctricas, porque hai que derrotala.

(*) PIGS (porcos en inglés) é un acrónimo usado polo Financial Times e outros medios, que se refire a Portugal, Italia, Grecia e España, periferia histórica europea do Mediterráneo e  con problemas económicos que os distancia do núcleo europeo. Entidades emerxentes como o Véneto e a Lombardía, e as nacións de Cataluña e Euskadi posúen unhas características económicas e sociais que os achega ao centro de Europa. A instalación de Puigdemont en Bruxelas e a internacionalización do procés no centro da UE é unha necesidade, pero tamén un símbolo.

Publicidade

Acerca de Xosé Manuel Sarille