0 Gardados para despois

Xosé Manuel Sarille

Futuro imperfecto

Mark Aguirre analisa en El Viejo Topo o conflito entre a China e os EEUU e acredita na posibilidade dunha nova orde mundial sen imperios. 

En Carta Maior Raúl Zibechi cre que na fin deste século a China vai ser o poder hexemónico. A súa única dúbida é a dunha guerra nuclear durante o proceso. E resúltalle curioso que parte da esquerda observe con simpatía ou neutralidade o ascenso do novo imperio.

Os asiáticos expándense sen violencia, mentres que os americanos basean o dominio na guerra e no crime, é certo, pero a deshumanización capitalista da vida chinesa é  estarrecente. E non só.

Cando en 1866 chegan a Europa os primeiros embaixadores, non comprenden o principio de cidadanía individual, que lles parece un caos, nin o de representación política, aínda peor. Até queren enganarse a si mesmos e crer que a nova hexemonía europea nace do amor aos soberanos. Desexan atopar un sistema de valores coherente, vertical, único, que dirixa de maneira xerárquica todas as formas de comportamento e as domine. E niso están.


El descubrimiento de Occidente. Los primeros embajadores de China en Europa (1866-1894) é un libro sinxelo e revelador de Feng Chen. Os embaixadores, cultos pero chatos e tradicionalistas, veñen buscar información e conclúen que Europa os supera, non só pola técnica bélica.

Publicidade

Acerca de Xosé Manuel Sarille